Denuncia que o Partido popular converteuse “nun terminator” para a lingua galega pero hoxe miles de galegos e galegas dicimos alto e claro que “non queremos que o Partido popular nos roube a nosa lingua”
Santiago de Compostela, 17 de maio, 2023. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou na manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema, “En galego, aquí e agora” donde reprobou a política linguicida do PP, con Rueda á cabeza.
Pontón responsabilizou ao Partido popular de practicar, durante 14 anos, unha política de ataque ao galego pero hoxe, “miles de galegos e galegas dicimos, alto e claro, que non queremos que o Partido popular nos roube a nosa lingua”.
Hoxe, Día das Letras galegas, “temos que celebrar que contamos cun idioma propio e alegrarnos de pertencer a unha nación cunha lingua, identidade , historia e cultura”.
Hoxe, 17 de maio, recalcou a líder do BNG, é un día para denunciar e reivindicar porque ao longo de 14 anos, temos a un goberno do Partido popular dedicado a “traballar en contra do galego” e de Galiza. Os datos demostran claramente a “política linguicida do PP” cando por primeira vez o galego xa non é a lingua maioritaria de Galiza e o 24% de menores de 14 afirman, non saber falar en galego, ademais constatamos, día a día, como o galego continúa excluído de moitos ámbitos da vida.
Hoxe, reiterou Pontón reivindicamos que as persoas que falamos galego temos dereito a que non nos discriminen no noso País e lembrar a abriga das administracións públicas a defender este dereito.
O PP “terminator” da lingua galega
lamentablemente, afirmou Pontón, o Partido popular converteuse “nun terminator” para a lingua galega e hoxe comprabamos como miles de galegos e galegas dicimos alto e claro que “non queremos que o Partido popular nos roube a nosa lingua”.
A política do PP persiste en roubarlle o dereito ás persoas máis novas a “coñecer e usar a nosa lingua” e dende o BNG, “apostamos por un uso do galego normalizado” e para iso urxe “derrogar a falacia do decreto do plurilinguismo ” que resulta “un timo” e busca unha maior presenza do castelán. Precisamos que o galego teña presenza en todas partes e dende o BNG estamos coprometidos para que Galiza teña o seu idioma e a súa identidade como “unha fortaleza”.


















Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



