Viveiro, 18 de maio de 2023. O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a presentación do Campeonato de España de Ciclismo Paralímpico, unha cita que entre o sábado e o domingo estará chea de emoción e porá en xogo os títulos nacionais de contrarreloxo e en liña.
A alcaldesa María Loureiro exerceu de anfitrioa nun acto que contou tamén coa presenza do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; Hilario Rodríguez Parapaz, vicepresidente do Club Ciclista Viveiro; César Lage Pérez, delegado en Lugo da Federación Galega de Ciclismo; e Milagros López Pernet, asesora do club no percorrido da carreira, participante e campioa de España de ruta en crono.
“Estamos felices de poder acoller unha proba do nivel deste Campionato de España. Sempre traballamos en prol dun concello inclusivo, estamos satisfeitos do noso labor neste eido e que a Federación Nacional de Ciclismo recoñeza o noso esforzo e nos elixa como sede deste campionato é un motivo de orgullo”, subliña a rexedora.
“Felicito ao Club Ciclista Viveiro, porque estou segura de que a organización será un éxito, e animo a todos os veciños e veciñas a saír á rúa para arroupar aos participantes”, engadiu María Loureiro.
O campionato disputarase en dobre xornada. O sábado a competición comezará ás 16:00 horas coa proba contra o crono, na que os participantes das distintas clases irán saíndo separados por un minuto entre sí. O domingo, os participantes das clases de handbike e triciclo recibirán a saída da proba en liña ás 9:00 horas; mentres que as bicicletas e tándems comezarán a disputar a liña ás 11:30 horas.
A praia de Area será o escenario tanto da saída como da chegada dos corredores das diferentes probas que transcorren polo concello de Viveiro e o de Xove.
O Campeonato de España de Ciclismo Paralímpico contará coa presenza das grandes estrelas da modalidade en España que probarán en Viveiro o seu estado de forma de cara a seguinte cita do próximo fin de semana: a terceira e última proba da Copa do Mundo.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.


