Viveiro, 24 de maio de 2023. Viveiro acollerá no vindeiro mes de xuño o Torneo Internacional U18 de baloncesto feminino que entre o venres 16 e o domingo 18 enfrontará ás xogadoras promesas do Hungría, Bélxica, Alemaña e España.
A disputa desta competición forma parte da preparación do equipo nacional que volveu elixir Viveiro para a concentración de cara ao Campionato de Europa que se disputa do 1 ao 9 de xullo en Turquía.
O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a presentación desta estadía e do torneo cun acto que contou coa presenza da alcaldesa, María Loureiro, xunto ao Presidente do Club Baloncesto Viveiro, Juan Carlos Fernández Parra, ao seu Secretario, David Gómez Rosa, e a Presidenta da Asociación Deportiva e Cultural Drocer, Ana Ónega Méndez. Por parte da Federación Española de Baloncesto compareceu José Ignacio Hernández, Director Deportivo, mentres que o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, escusou a súa presenza ao atoparse fóra de Galicia.
“Para nós é un orgullo poder ser sede dun Torneo Internacional deste nivel así como volver contar coa estadía da selección. É moi importante para nós e estamos moi agradecidos de que unha entidade da importancia da Federación Española de Baloncesto conte co Concello de Viveiro”, subliña María Loureiro que agradece tamén ao CB Viveiro e a AD Drocer a súa implicación.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.