Ribadeo, 24 de maio de 2023. Tras un proceso de traballo conxunto entre o Concello e os establecementos de hostaleira e restauración nace en Ribadeo o programa Víveo Máis, que foi presentado hoxe, mércores.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “Víveo Máis é un proxecto colaborativo entre o Concello de Ribadeo e os establecementos de restauración e hostaleira ribadenses. Nace co propósito de ser unha guía sobre a que avanzar no compromiso da sostibilidade turística en Ribadeo. Presentámonos coma un proxecto piloto, aínda que con vocación de permanencia, onde construír de forma colaborativa unha plataforma no que ir desenvolvendo accións que sitúen tanto a Ribadeo coma aos seus participantes como abandeirados no compromiso da sostibilidade”.
Pablo Vizoso especificou que o programa Víveo Máis “estruturase en carto retos clave que son globais e que o turismo sostible ten que encarar tanto en aspectos sociais como ambientais: desenvolvemento do territorio; recursos naturais e biodiversidade; cambio climático; e economía circular. Dentro de cada un deles incluiranse á súa vez medidas e criterios que abondarán na mellora do reto. Haberá criterios diferenciados, en parte, para hostalaría e para a restauración”.
O edil ribadense engadiu que “nesta primeira etapa de pilotaxe as persoas que desexen participar deberán cumprir como mínimo 5 medidas de obrigado cumprimento e tamén como mínimo outras 12 das 35 que hai en total. Algunha das medidas de obrigado cumprimento será ofrecer na carta produtos de proximidade, ofrecer produtos de tempada así como implantar medidas de sensibilización sobre o consumo responsable, coma o feito de animar a levar os alimentos non consumidos ou asesorar sobre o tamaño das racións. Outras medidas, de entre as que poderán escoller as persoas participantes, son a utilización de envases reutilizables ou biodegrables e a priorización de provedores locais nas súas compras. Os hoteis terán medidas como ofrecer no chek-in unha experiencia de menor impacto e na que poderán incluír cuestións como almorzos con produto local, sen plástico, ofrecer artigos de aluguer, etcétera”.
Pablo Vizoso destaca que se trata dun programa “que nos axudará a ir mellorando cada ano e que, contando cunha implicación da comunidade local, tentarase lograr que o turismo sexa unha actividade enriquecedora tanto para as persoas visitantes como para a nosa contorna. Outros dos obxectivos que se perseguen co programa son: a sensibilización sobre o impacto e as oportunidades do turismo sostible; a posta en valor dos negocios comprometidos con este programa e o enfoque da actividade turística; o impulso aos negocios locais na adopción de medidas máis sostibles; a creación dunha rede entre os negocios turísticos con outros sectores, como o agroalimentario ou incluso a administración local; situar a Ribadeo como un destino sostible, é dicir, de alta calidade, innovador, rexenerativo e consciente”.
A paxina web do proxecto é https://viveomais.ribadeo.gal/, nela está toda a información do programa e a documentación para inscribirse. As persoas que desexen obter máis datos tamén se poden poñer en contacto coa Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



