O proxecto do alcaldable do PP inclúe a mellora das dúas entradas a Foz e do eixo turístico entre o porto e A Rapadoira
Foz, 25 de maio de 2023. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, arroupou esta tarde ao candidato do PP á alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, no mitin que se desenvolveu no hotel Leyton, no que tamén interveu u coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro.
O candidato popular á alcaldía manifestou na súa intervención, que estivo precedida precedida da de Mercedes Rodríguez (número dous da lista popular), que a próxima lexislatura ten que ser a da mellora dos servizos municipais, especialmente dos que teñen que ver co adecentamento urbano, para o que hai que incrementar os recursos.
O alcaldable popular incidiu en que o esforzo, na liña sinalada, ten que centrarse moi especialmente na limpeza e na recollida do lixo.
Castiñeira adiantou que, se goberna, o Concello deseñará e aplicará un plan contra o feísmo, especialmente na zona urbana. O proxecto do alcaldable popular inclúe a mellora das dúas entradas a Foz e do eixo turístico entre o porto e A Rapadoira.
En canto a infraestruturas culturais, o candidato popular lembrou o compromiso adquirido no seu momento por Núñez Feijóo, entón presidente da Xunta de Galicia, para participar na financiación, xunto coa Deputación e o Concello, dun auditorio para Foz.
En materia de política social, a proposta popular ten tres piares. Por un lado, a ampliación do número de prazas na residencia da terceira idade, de gardería e de axuda no fogar. Por outra parte, a posta en valor do antigo Asilo. E tamén a mellora das condicións para facilitar a conciliación, ademais de impulsar a execución das obras necesarias no colexio de Fondo Nois.
INVESTIMENTOS
A consellería da que é titular Román Rodríguez levou a cabo nos últimos anos cuantiosos investimentos para a mellora dos centros escolares no municipio. Así, no período 2009-2023, a Consellería investiu case 2,7M€ no mantemento e mellora dos 4 centros cos que conta o concello: CEIPs Foz número 1, O Cantel e Fondo Nois; IES de Foz. Entre as actuacións xa rematadas destaca no 2019 a reforma integral do CEIP Foz número 1, por 830.808€. Está en marcha a rehabilitación integral do IES de Foz, por 1.235.861€; está executada ao 55% e o remate das obras está previsto para finais agosto (para o inicio do curso 2023/2024).
No que se refire a área de Cultura, Patrimonio e Política Lingüística, destaca o apoio ao festival Bal y Gay, de música clásica, que se vén celebrando anualmente coa colaboración da Consellería (a través da AGADIC), para o que aportou 30.000€ no 2022. Son de lembrar as obras de adecuación e o proxecto museográfico do Centro de Interpretación da Casa reitoral San Martiño de Mondoñedo, 235.410€ (2018) e o acondicionamento e posta en valor do Castro de Fazouro, por 17.723 euros (2017).
Pola súa parte, o coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou na súa intervención que os veciños de Foz teñen a oportunidade de comprobar as moitas obras e servizos que deixou o goberno popular e como practicamente non deixou nada o goberno socialista no mandato que termina.
Balseiro lembrou entre outras obras levadas a cabo durante o goberno do PP en Foz a residencia, dúas rúas peonís, a remodelación do pavillón e a reorganización do porto, entre outros moitos logros.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



