Remato de follear un suplemento cor salmón nun xornal galego. Unha vez máis, fixeime en que toda a separata, de 24 páxinas, repito, cor salmón, característico da información sobre finanzas nos medios escritos, en calquera das noticias, as empresas e sociedades referidas desaparecían en canto á actividade económica máis aló dos cartos. Sen importar nin mencionar ó que se adican. Ben, algunha vez si o mencionan, mais é para indicar adquisicións ou competencia que mingua ou propicia cartos, non para indicar que eses cartos prodúcense máis ou menos por un ou outro avance industrial, de invención, de desenvolvemento… Se hai algunha excepción nesta prensa salmón é iso, unha excepción das que confirma a regra. Un contraste co relativo ó persoal, que si aparece como fonte de ganancias cando se está a tratar de despidos. Claro que as novas contratacións seguen tamén a regra anterior, non soen ser cuantificadas nin moi atendidas nas novas, máis aló dunha xenérica referencia á ampliación da actividade da compañía correspondente.
Ven a cousa a conto de como se controlan hoxe os cartos: menos ca nunca importa de onde veñen, de onde saen ou do servizo ó que están asociados, quedando só como relevante o feito de telos ou conseguilos. Sen importar como. Ás veces, mesmo ocultando como. É unha imaxe, a do texto escrito sobre o papel salmón, do mundo actual. Imaxe que tende a ser máis nidia a medida que o capitalismo monta por riba da sociedade e humanidade. É dicir, do conxunto e de cada un dos individuos que nos chamamos persoas a nós mesmos.
Trátese de política ou empresas, o filtro das finanzas está claro: cartos. E cantos máis, o baruto é máis largo: mesmo, en cantidade abonda, non fai falta nin peneirar, serve calquera fonte.
Apunto a diferencia entre economía e finanzas, cada vez máis embarullada a medida que as finanzas medran máis ca economía e se independizan da natureza e da sociedade. Do mesmo xeito que cabe lembrar que din que economía ven de ‘administrar a casa’ segundo o significado das súas raíces no grego clásico, a verba finanzas ven do francés, indicando a súa orixe sinxelamente chegar a un fin, conseguilo, finalizar algo. É dicir, sen considerar os medios. Por certo, facendo un paréntese, a súa verba orixe, ‘finer’ estaría tamén relacionada co noso fúnebre ‘finar’, que en moitas circunstancias ven como anel ó dedo para caracterizar ó resultado das finanzas. O significado das antigas verbas que serviron de base a estas, pode ir variando no tempo, mais correspóndese abondo co sentido actual de ambas: unha xestión das actividades que nos proporcionan os apoios para a vida contra un acadar certos fins elixidos de xeito particular sen ter en conta os medios.
O resto é historia (e actualidade). Pero no noso caso, si, a ter en conta, como persoas e como sociedade.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



