O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou este venres, co voto a favor da Deputación de Lugo e co voto en contra da Xunta de Galicia, escudándose en que os membros do Consorcio provincial están en funcións
Lugo, 9 de xuño de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este venres un Pleno no que se acordou dar a fixeza laboral aos traballadores e traballadoras dos parques de bombeiros grazas ao voto de calidade do Presidente e a pesar dos votos en contra da Xunta de Galicia, que se escudou en que os membros do Consorcio provincial están en funcións, como desculpa para non apoiar a proposta de fixeza dos bombeiros.
Tomé Roca foi firme e dixo que “o que queremos é garantir a continuidade e a calidade na prestación dun servizo público esencial, ao tempo que dá estabilidade e seguridade laboral aos profesionais que agora o desempeñan. Facémolo con garantías xurídicas, apelando á sentenza do Supremo, e tamén dende a defensa que sempre facemos dos dereitos dos traballadores e traballadoras, e para prestación á cidadanía duns servizos públicos esenciais e de calidade”.
O Presidente detallou que se aposta por aplicar o recollido nunha sentenza de unificación de doutrina que ditou o Tribunal Supremo con respecto ao caso dunha traballadora do SAF de Navarra, un ditame xudicial “que abre a porta a darlles estabilidade e seguridade laboral aos traballadores e traballadoras dos parques de bombeiros, sen que teñan que pasar por un proceso selectivo”.
Este acordo tamén recolle que a fixeza do persoal, complementarase coa elaboración dunha relación de postos de traballo e continuar coa negociación do convenio colectivo que integrará os dous convenios de procedencia dos distintos parques de bombeiros da provincia.
Nesta sesión tamén se aprobou tres solicitudes de tres traballadores do Parque de Bombeiros de Barreiros de compatibilidade laboral, cos votos a favor da Deputación de Lugo e a abstención da Xunta de Galicia.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



