Ribadeo, 13 de xuño de 2023. O salón de plenos do Concello acolleu na tarde de onte a entrega dos premios do XVI Ribadeo de Tapeo, que se celebrou o pasado mes de maio e no que participaron unha trintena de locais hostaleiros.
O xurado profesional decidiu que o primeiro premio foi para o Bar Queimada, o segundo para Ramonita e o terceiro para El Oviedo. A Tapa de Ribadeo recaeu no Marinero que obtivo, a súa vez, unha mención especial pola súa elaboración excepcional. E outra mención especial foi para o Kalpa Amodiño por ser pensada a súa tapa para toda a clientela e elaborada con creatividade e produtos de cerca. E o público decidiu que a mellor tapa fose a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada.
Todos eles recolleron esta tarde os seus agasallos. O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicitou aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público. E queremos darlles as grazas aos trinta establecementos hostaleiros que participaron na décimo sexta edición do noso concurso gastronómico, un referente en Galiza ao longo de todos estes anos. Isto é algo do que nos sentimos especialmente orgullosos desde o Concello de Ribadeo, como organizadores deste evento gastronómico durante todo este tempo”.
E engadiu: “tamén queremos agradecerlle ao público, ao de Ribadeo e ao de toda a contorna, o apoio ao noso concurso gastronómico. E aproveito tamén esta ocasión para agradecer, unha vez máis, as colaboracións da hostalaría local e das firmas que apostaron polo Ribadeo de Tapeo, para que o público puidese participar nun importante sorteo de agasallos, que tamén entregamos esta tarde”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local lembrou algunhas das novidades do décimo sexto Ribadeo de Tapeo: “como foi o vídeo elaborado sobre o pemento de Piñeira e a cebola de Vilaselán para dar a coñecer estes dous produtos locais e un merecido recoñecemento ás agricultoras e agricultores destas dúas parroquias e por extensión de todo o concello, ou a creación do premio para o/a picariño/a lambón/ha pensado para os menores de 12 anos que acompañasen á súa familia durante o Ribadeo de Tapeo. Ademais mantivéronse características típicas como os soños gastronómicos, que son eses packs ofrecidos polos hoteis de Ribadeo para gozar desta cita. E o arranque desta edición coincidiu coa presenza no porto da Nao Victoria. Todo ilo aderezado con visitas guiadas, concertos, obradoiro de cociña de tempada e proximidade ou o escape room”.
Pablo Vizoso tamén tivo palabras de agradecemento “para o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo e para a técnica de Turismo, Begoña García, polo traballo realizado”.
Ao final do acto todas as galardoadas e galardoados fixeron xuntos a tradicional foto de grupo.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



