Lugo, 15 de xuño, 2023. As centrais sindicais CIG e CCOO compareceron este xoves en rolda de prensa para informar da convocatoria de folga no comercio de alimentación de Lugo. O próximo 23 de xuño será a primeira vez na provincia que o sector vaia á folga para demandar un convenio colectivo digno. Para quentar motores, ademais da xornada de paro, que afectará a todas as tendas das empresas reguladas por este convenio, como Gadis e Froiz, para este domingo 18 de xuño está convocada unha manifestación polas rúas de Lugo.
CIG e CCOO fan un chamamento ao conxunto das traballadoras e traballadores a participar nesta marcha que sairá ás 12h do Froiz da rúa Montero Ríos, pasará polo Gadis da rúa Quiroga Ballesteros e rematará diante da sede da Confederación de Empresarios de Lugo, na Praza de Santo Domingo. “Agora máis que nunca temos que demostrarlle á patronal e aos seus cómplices que estamos en contra de que se ningueen as nosas propostas e aspiracións laborais e sociais, e se tomen decisións en contra do sentir maioritario do sector”, aseveraron na comparecencia.
A representación de CIG e CCOO criticou o escurantismo no que se están a desenvolver as negociacións xa que UGT manifestou ter chegado a un preacordo coa patronal “aínda que nin sequera convocaron a mesa de negociación para presentalo, poder avalialo e trasladar as nosas propostas”.
“A negociación do convenio faise na mesa e non través de correos electrónicos”, asevera o secretario comarcal da CIG-Servizos, Xoán Díaz; quen aclara que a día de hoxe ese suposto preacordo non vale “porque o sector marcounos unhas liñas vermellas que non se cumpren nesa proposta remitida por correo electrónico”. Aínda que, en todo caso, apunta, “terán que ser as asembleas quen decidan soberanamente se a aceptan ou se fan outra proposta alternativa”.
Precariedade e desigualdade
Díaz rexeita que este suposto preacordo siga condenando as traballadoras e traballadores da provincia á precariedade laboral e afondando aínda máis nas desigualdades. “Os incrementos que formula a patronal poden parecer elevados, pero traducido ás táboas do convenio vemos como as categorías por debaixo do grupo 4 (na que está encadrado a maioría do persoal) seguen quedando ao límite do Salario Mínimo Profesional”, indica.
Critica que patronal non está sendo “nin xusta nin xenerosa” coas traballadoras e os traballadores, a pesar do enorme esforzo que realizaron durante a pandemia cando foron considerados sector esencial, e chama a atención sobre o ruín da oferta económica que fai a patronal, nun momento no que as compañías de distribución están batendo todos os records de ganancias. “Estanse facendo de ouro e resulta indigno que se neguen a socializar eses beneficios millonarios non sequera garantindo o mantemento do poder adquisitivo dos salarios”.
Porque nese preacordo tampouco se regula a cláusula de revisión salarial ao IPC con carácter retroactivo, nin os sábados de calidade co domingo festivo nos concellos onde hai feiras ese día, nin o complemento do 100% nas baixas, sendo este convenio provincial o único que non contempla este dereito.
Por iso, a CIG anima a secundar de xeito masivo a folga e as mobilizacións e darlle unha resposta contundente “a esta patronal avarenta”. “Porque seguimos a reclamar un convenio digno, con incrementos salariais do 6,5% para 2022 e do 5,7% para 2023 para poder reverter o empobrecemento dos últimos dous anos; unha cláusula de revisión salarial ao IPC real e con carácter retroactivo para garantir que non haxa perda do poder adquisitivo no futuro; así como o cobro do complemento de IT até o 100% da base de cotización”.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



