A Mariña, 15 de xuño, 2023. Crece a expectación para a décima edición do ‘Festival Bal y Gay’, que ofrecerá 13 concertos do 10 ao 24 de agosto como referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña (Lugo). A venda de abonos avanza a bo ritmo, pero aínda quedan abonos dispoñibles -desde 120 euros para todos os concertos- en festivalbalygay.com e as entradas para cada actuación poñeranse á venda o vindeiro luns 26 de xuño. Maria João Pires, Konstantin Krimmel, Cuarteto Quiroga, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt, Kebyart, Sara Ferrández, Rocío Pérez, Opera Omnia, Conrado Moya ou Katarzyna Myćka formarán parte unha brilante programación, que mestura contrastados artistas e grupos nacionais e internacionais con mozos de gran proxección mundial.
PROGRAMACIÓN ‘FESTIVAL BAL Y GAY 2023’
Real Filharmonía de Galicia con Maximino Zumalave (día 10, Teatro Pastor Díaz de Viveiro)
Kebyart (día 12, Fortaleza de Alfoz)
Rocío Pérez (día 13, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo)
Sara Ferrández (día 14, Iglesia de Lourenzá)
Maria João Pires (día 15, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo)
Cuarteto Quiroga (día 16, Basílica de San Martiño de Foz)
Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt (día 18, Pazo do Conde de Fontao de Foz)
Conrado Moya e Katarzyna Myćka (día 19, Fábrica de Sargadelos de Cervo)
Opera Omnia (día 20, Iglesia de Santiago de Foz)
Konstantin Krimmel (día 21, Catedral de Mondoñedo)
Quinteto Zoar (día 22, Benquerencia, Barreiros)
Orquestra Sinfónica de Galicia (día 24, Catedral de Mondoñedo)
O ‘Festival Bal y Gay’ é único a nivel nacional. A fusión da música con emprazamentos fascinantes converte os concertos en eventos repletos de autenticidade e identidade. Grandes artistas nacionais e internacionais visitan en agosto as localidades da comarca da Mariña. Unha viaxe polas distintas etapas da música clásica nunha programación que abarca desde o barroco máis temperán ata o século XX con chiscadelas a outros estilos. Un proxecto que inclúe diversas sensibilidades estéticas e propostas para ampliar o horizonte do público.
O festival enche cada ano A Mariña de música en vivo de calidade, afianzando esta comarca lucense como destino cultural de referencia en Galicia e España. Ademais, desexa facilitar que a poboación local goce dunha programación musical de excelencia en espazos extraordinarios onde a música comparte protagonismo coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da zona. O gran reclamo do evento é a experiencia 360 que ofrece A Mariña, así como o alto nivel dunhas propostas artísticas comparables ás de calquera sala de gran prestixio nacional e internacional.
O ‘Festival Bal y Gay’ nace en 2014 como iniciativa da Asociación Jesús Bal y Gay, agora convertida na Fundación Xesús Bal y Gay. O seu propósito é facer accesible a música clásica para todos os públicos, democratizando e descentralizando a cultura. Un proxecto que enriquece culturalmente á poboación e cuxa afluencia turística dota á provincia de Lugo e a Galicia de maior visibilidade. Un modelo incomparable que permite o contacto entre municipios (Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Lourenzá, Barreiros, Alfoz) e ao público gozar da beleza da comarca.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



