Ribadeo, 18 de xuño de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá este luns, 19 de xuño, ao acto conmemorativo do 50 aniversario do Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, que terá lugar a partir das cinco da tarde no auditorio municipal Hernán Naval. Tamén está confirmada a asistencia do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.
O lema escollido para esta importante data é o de Educando co corazón. No auditorio ribadense para falar do Presente, pasado e futuro no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz intervirán, entre outros, o ex director Antonio Martínez, a actual directora, Lourdes Marqués, e un bisneto de Gregorio Sanz. Tamén tomarán a palabra o alcalde ribadense, Dani Vega, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O colofón poñerao a Coral Polifónica de Ribadeo.
O Ceip Gregorio Sanz xa leva varios días celebrando o seu 50 aniversario. Agora o mesmo 19 de xuño pola mañá no Cine Teatro haberá unha actuación de Migallas Teatro, que porá en escena Brincadeiras da lingua e terá lugar un taller de maquillaxe a cargo de Óscar Aramburu. O día 20 será o día do deporte, o Ceip Gregorio Sanz organiza ese día unha sesión de zumba para 1º e 2º de Primaria. E tamén están previstas mostras de billarda e de xogos tradicionais, organizadas pola Anpa.
Durante a xornada do 21 pola mañá, e organizadas pola Anpa A Faxarda, haberá unha xincana por diferentes espazos da vila que Gregorio Sanz adoitaba a frecuentar, na que participará alumnado de 3º a 6º de Primaria. As nenas e os nenos de infantil e de 1º e 2º de Primaria participarán noutra xincana dentro das instalacións do colexio e gozarán tamén dun espazo de xogo libre con brinquedo tradicional e con material natural non estruturado, Xogando Miudiño e Terra.
Tamén o día 21 está prevista unha xornada de portas abertas de 17 a 18 horas e diversas exposicións. E a partir das 19 horas seguirán os actos do 50 aniversario, que culminarán cunha merenda-cea na pista cuberta do Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, onde ademais os asistentes poderán visionar fotos do pasado e do presente no centro. A nota musical da velada correrá a cargo de Tumba e Dalle e Corazones Jóvenes. Máis de 300 persoas asistirán a esta cita coa que se pecharán as celebracións do 50 aniversario e tamén o curso 2022-2023.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



