Foz, 19 de xuño, 2023. O alcalde de Foz Fran Cajoto retomou o traballo no Concello trala investidura, coa prioridade de sacar adiante as convocatorias de emprego pendentes para o reforzo de servizos municipais para a tempada de verán.
O pasado sábado Fran Cajoto foi investido de novo alcalde cos votos a favor do partido socialista, nun día que o BNG emitía unha dura nota. “O partido socialista descolgou o teléfono para sentarse a negociar co BNG un goberno de coalición ou un acordo de goberno en minoría. Mantivemos a segunda xuntanza o xoves 15 segundo a dispoñibilidade na axenda do BNG. Esperábamos reunirnos o venres 16, pero ante a imposibilidade citámolos para continuar falando este pasado domingo”.
O alcalde continúa: “O sábado 16, día da investidura, encontrámonos cunha nota do prensa moi dura do BNG desprestixiándome e tildando ao partido socialista de irrespectuoso e con aires de suficiencia. O feito real é que nos enteramos pola prensa que quedaba anulada a reunión do domingo e que o BNG pasaría á oposición. Non imos calificar en ningún caso ao BNG, pero a situación foi surrealista” e continúa “Sempre e en todo momento optamos polo diálogo e cremos sinceramente que a calma, a empatía a serenidade son as mellores compañeiras para as negociacións, falando enténdese a xente”.
A marea xeral nas horas previas ou na propia investidura foron de tensión na comarca, o que podería ter influído en Foz. Os socialistas defenderon sempre un goberno único, en coalición ou en minoría. “Na reunión co BNG plantexamos o acontecido durante estes catro anos, buscando mellorar dinámicas e favorecer que todo o mundo conte con áreas ben definidas, sen interferencias, todo baixo unha dirección coordinada. O mellor funcionamento dun goberno sempre implicará melloras para un pobo. Pola nosa parte só queda o completo compromiso de traballar con ilusión para continuar mellorando Foz”.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



