Burela, 22 de xuño de 2023. A Biblioteca Pública Municipal de Burela acolleu a entrega de premios ás nenas e aos nenos gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa fase local, no que participaron tod@s @s nen@s do concello con narracións e debuxos sobre o tema: Libros para xogar , libros para vivir.
A acto estivo presidido pola alcaldesa, Carmela López, que felicitou ás gañadoras e gañadores e animounos “a seguir participando nas vindeiras edicións deste certame que organizamos desde a Biblioteca Pública Municipal de Burela”.
Os gañadores e gañadoras foron os seguintes:
NARRACIÓN:
* Categoría A ( ata 8 anos):
1º premio: Andrea Diéguez Ruiz ( 8 anos) . CEIP FONDO NOIS.
* Categoría B ( de 9 a 11 anos):
1º premio: Jimena Dominguez Gacía (11 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
2º premio: Jorge Melo Reigosa (11 anos).CEIP VISTA ALEGRE.
3º premio: Iria Pascual Arias (11 anos ). CEIP VISTA ALEGRE.
* Categoría C ( de 12 a 16 anos) :
1º premio:Ana Lestao Ben (15 anos) IES PERDOURO.
DEBUXO INFANTIL:
* Categoría A ( ata 8 anos):
1º premio: Naia Fontenla Suárez (4 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
* Categoría B ( de 9 a 11 anos):
1º premio: Jimena Dominguez García (11 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
2º premio: Uxía Níñez Gómez ( 10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
3º premio: Carla Mallada Abuin (11 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
* Categoría C ( de 12 a 16 anos):
1º premio:Ana Lestao Ben (15 anos) IES PERDOURO.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



