COMUNICADO DE PRENSA
DO OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE SOBRE O ERE DA CERÁMICA DE SARGADELOS
O Observatorio da Mariña pola Igualdade denunciou xa o ano pasado
o impacto específico que a crise económica e financeira ía a ter sobre as mulleres
O Observatorio da Mariña pola Igualdade ten entre os seus obxectivos dar a coñecer as problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres da comarca, enfocando a realidade da nosa contorna desde unha perspectiva de xénero que teña en conta as particularidades coas que mulleres e homes vivimos cada situación social.
Ante as recentes novas que auguran a confirmación definitiva do expediente de regulación de emprego inciado hai una ano na Cerámica de Sargadelos co conseguinte despido de 74 persoas, e en concreto 34 mulleres da fábrica sita na nosa Comarca (Cervo) e o resto da cerámica ubicada en Sada, o Observatorio da Mariña pola Igualdade manifesta:
* Esta empresa contribúe visibelmente ao empoderamento social das mariñás, permitíndolle ás mulleres gozar dunha independencia económica que redunda nunha maior autonomía nas súas vidas. Ademais, da empresa destaca que desde os últimos anos conta cun convenio laboral que facilita a todas as persoas contratadas a conciliación da súa vida persoal e laboral.
* O expediente de regulación de emprego nesta empresa supón un grave prexuízo para cada unha das traballadoras e traballadores afectados. Esta medida afectará á situación laboral global das mulleres da comarca, incrementando o número de paradas e de mulleres que perden independencia económica.
* Por todo isto, apoiamos ás traballadoras e traballadores da empresa e solicitamos á administración galega que está a examinar o ERE que apoien de forma clara o mantemento dos postos de traballo e a viabilidade da empresa con medidas favorecedoras.
* Denunciamos a falta de medidas desde as administracións para impulsar o emprego feminino e para protexer os colectivos desempregados máis vulnerábeis, entre os que se atopa o feminino.
Isto ven a empeorar aínda máis as cifras da feminización do paro que temos na Mariña, que segundo os datos do Instituto Galego das Cualificacións correspondentes ao mes de agosto ascenden a 2102 mulleres desempregadas na comarca, nun dos meses de maior actividade laboral, debido á afluencia de turismo e a época estival.
Estase a producir un desmantelamento dos servizos públicos, e en concreto daqueles que desenvolven pollíticas sociais e que se nutren maioritariemende de mulleres, debido á división sexual e á segregación no traballo, sumado á perda de postos de traballo temporais (postos que desempeñados polas mulleres no sector servizos, debido á afluencia do turismo e que a partir de setembro redúcese o persoal notoriamente) . Por outra banda, os efectos que se aveciñan coa reforma laboral van a ser totalmente nocivos para as mulleres, en canto se incentiva a contratación a tempo parcial, que xa de por si ven recaendo nas mulleres.
Ante esta situación que afecta inevitablemente ás mulleres da nosa Comarca, esiximos unhas políticas activas de emprego que posibiliten o mantemento das mulleres no campo laboral e impidan o retorno forzado das mulleres ao ámbito doméstico non remunerado. Consideramos esencial mantér a independencia económica das mulleres para que poidan tomar decisións en liberdade e ser mulleres empoderadas.
AS ADMINISTRACIÓNS DEBEN GARANTIR QUE NON SE PERDA NIN UN SÓ POSTO DE TRABALLO NA CERÁMICA DE SARGADELOS.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



