Ribadeo, 24 de xuño de 2023. Os festivais musicais son unha aposta clara que o goberno local apoia. Así o subliñou esta mañá o alcalde, Dani Vega, na presentación do pancha fest, que terá lugar o 30 de xuño.
O rexedor manifestou que “para o Concello os festivais musicais son unha aposta clara que queremos apoiar. E o que queremos facer en primeiro lugar desde o goberno local é darlles as grazas a este grupo de rapaces, que están a traballar desinteresadamente para levar a cabo o Pancha Fest, pero tamén para organizar as festas patronais. Por iso o noso agradecemento de corazón por este traballo tan importante e desinteresado”.
Para Dani Vega os festivais de Ribadeo deben convertese nun referente en Galicia e na comarca: “e claro que os festivais musicais atraen turismo, tamén supoñen un atractivo cultural para Ribadeo e creo que nos temos que converter nese referente de festivais na comarca e no conxunto de Galicia”.
O alcalde subliñou que “traballamos intensamente con todos eles”. E engadiu que “en breve iremos anunciando mais festivais que teremos este verán en Ribadeo. E o que quero trasladarlles a todos estes rapaces é que o apoio do Concello vano ter e tamén imos encargarnos de xestionar orzamento noutras administracións para que veñan esas inversións para apoiar toda esta actividade cultural e festiva que Ribadeo merece”.
O Pacha Fest celebrarase o vindeiro venres, 30 de xuño, no aparcamento dos camións, que está situado a carón da glorieta do Juanín. O evento contará coas actuacións de La Misión, Litainer + La Bamba.
Na presentación participou a comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, ademais do rexedor, as concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



