A tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, deu conta da analítica máis recente, enmarcada no control semanal da auga realizado polo Concello
Viveiro, 21 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro anuncia que unha nova analítica confirma a aptitude da praia de Celeiro para o baño, non obstante, a prohibición de bañarse no areal continuará vixente. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto á tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, e outros membros do equipo de goberno reuníronse hoxe cos veciños e veciñas para explicar a situación. Neste sentido, recalcaron que esta analítica enmárcase no control da auga que realiza o Concello semanalmente na praia de Celeiro.
“Dende o Goberno local presentamos a documentación correspondente aos representantes veciñais, para informalos con total transparencia sobre o estado da calidade da auga”, recalca Loureiro sobre a reunión informativa, na que tamén estivo presente a técnica municipal de medioambiente.
Recentemente, o areal foi suprimido do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia da Consellería de Sanidade, unha circunstancia que implica a prohibición do baño nesta praia. Malia que as analíticas máis recentes avalan o baño nesta praia, os resultados microbiolóxicos obtidos nas pasadas tempadas obrigaron ao Concello a prohibir o baño.
“A prohibición baséase nos resultados de anos anteriores, pero as últimas analíticas confirman que é apta para o baño, ao que se suman as obras de mellora na EDAR de Celeiro e no emisario. Por iso, solicitaremos de novo a inclusión da praia de Celeiro no programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño”, sinala a tenenta de alcaldesa.
Mentres dure a exclusión da praia do programa da Consellería de Sanidade esta deixará de facer un seguemento deste areal nas próximas tempadas de baño, debendo o Concello colocar carteis indicando a prohibición de non bañarse.
Dende o Concello informarase ademais aos usuarios da praia do resultado das últimas analíticas mediante a colocación de carteis no propio areal, para que estes teñan coñecemento da situación actual da calidade da auga.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



