O Concello de Viveiro poderá volver solicitar a inclusión da praia de Celeiro no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño en canto acredite a realización de actuacións para a mellora da calidade da auga
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2023. A Consellería de Sanidade urxe de novo o Concello de Viveiro a que tome as medidas oportunas para mellorar a calidade da auga na praia de Celeiro e así volver ser incluída no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño.
A pesar de que a Xunta lle advertiu ao goberno local no mes de febreiro que nas últimas tres temporadas de baño a calidade da auga fora insuficiente, o Concello de Viveiro non actuou para reverter a situación. Polo tanto, tal e como consta no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño, cando a calidade da auga é insuficiente durante varias tempadas significa que existe unha contaminación permanente e non puntual. En consecuencia, non se realizará vixilancia sanitaria destas augas ata que o Concello achegue un informe que xustifique a adopción de medidas destinadas á mellora da calidade da auga, xunto con resultados analíticos favorables da zona de baño.
Tendo en conta que o control sanitario do medio natural é competencia da administración local, é o Concello quen debe dar as explicacións oportunas da orixe ou orixes da contaminación das augas. Por responsabilidade e obriga legal, o Concello debe tomar as medidas oportunas para comunicar á poboación que debe absterse do baño, establecer actuacións para determinar as causas polas que a auga non acada a clasificación suficiente e prever a redución ou eliminación destas causas.
En canto o Concello acredite a realización de actuacións que melloran a calidade da auga do baño, poderá solicitar a súa inclusión na sección II do Rexistro de Augas de Baño de Galicia (Augas de baño en avaliación) e esa zona de baño incluirase no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño da Dirección Xeral de Saúde Pública.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



