Foz, 21 de setembro de 2023. Xa se coñecen os nomes das gañadoras e dos gañadores dos 1.000 euros en vales de compra que AciaFozCCA sorteou na súa campaña de Volta ao Cole.
O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Na cita participaron a concelleira de Comercio, Katy Navarro, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Os premiados con 50 euros en vales de compra foron:
Carmen Álvarez, por unha compra feita en Ginzo Hombre Mujer
Ester Sánchez en Don Zapato
Rocío Nicolás en Mi casa
Iñaki Aznares en Alain Afflelou óptico
Manuel Fernández en pastelería Xoyma
Raul Freijanes en Xoguetería Bahía
Teresa Rivera, en Tien 21 Electrodomésticos Celso
Chicha Ferreiro por unha compra realizada en Unique 2
Maruja Eijo en Carnicería Mercedes
Mari Fernández en Lourdes Moda Íntima y Baño
E os premiados con 100 euros en vales de compra foron:
Vera Ferreira por unha compra en Lencería Esther
Minda Moscoso en Longarela
Susa Martínez en Chuvia
María Neira en Pastelería Anduriña
Mª Carmen García en Infotec
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, agradece a participación na campaña e felicita ás afortunadas e aos afortunados.
A entrega de premios terá lugar mañá, 22 de setembro, no Cenima.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



