Nota de Prensa
Máis de 300 persoas redescobren esta semana o Sur,a Montaña e a Costa luguesa con Km0
O programa co que a Deputación impulsa o ecoturismo e mantén 3.000 postos de traballo na provincia suma no que vai de mes uns 1.000 participantes
Outras 309 persoas redescobren a provincia coas rutas de Km0.Deputación de Lugo organizadas para esta semana. Deste xeito, o programa medioambiental co que o organismo provincial impulsa o ecoturismo e mantén 3.000 postos de emprego na provincia, -traballadores de empresa de lecer, hostaleiros, artesáns, transportistas…-, suma xa 1.029 participantes no que vai do mes de setembro. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ós membros da asociación “Veciños de San Xulián de Nois” de Foz e ós do “Refuxio de San Xurxo de Lourenzá” que farán as rutas “Adegas e Miradoiros” e “Piornedo” respectivamente.
O mércores, o destino elexido por excelencia é a Mariña. 110 persoas viaxarán á costa lucense. A “Asociación artística e recreativa da Muller” de Lugo coñecerá o casco histórico de Viveiro, a praia das Covas e a cerámica de Regal. Pola súa banda, as “Amas de Casa da Fiestra” da Fonsagrada visitarán os eucaliptos de Chavín, o convento de Valdeflores, ou o monte viveirense de San Roque.
O xoves, voltarán á Mariña 55 membros do colectivo vilalbés “Mulleres rurais a Chousa” para facer a ruta do “Paseo dos namorados” que inclúe unha visita a fábrica de Sargadelos. Deste xeito, tan só nesta semana redescobren a costa lucense 165 persoas que se engaden ás 470 que xa o fixeron dende o comezo da 3º tempada de Km0 o 1 de setembro. Mentras, tamén o xoves, 48 membros da “Irmandade San Caetano” de Barreiros viaxarán a Negueira de Muñiz, coñecerán á área recreativa do encoro de Salime e o museo da Fonsagrrada.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



