A voceira Lamenta “a pouca humildade política que manifesta”, xa que, apunta, “cando un se presenta á alcaldía, aínda que ao final non goberne en maioría, a prioridade máxima sempre ten que ser ser útil ao pobo que se representa”
Muras, 13 de outubro de 2023. A voceira do Grupo Municipal de Muras, Eugenia Requeijo, advirte que, logo das declaracións realizadas polo alcalde, “queda claro que o único que lle preocupa é cobrar e non traballar por mellorar o municipio”. Deste xeito, a popular tilda de “moi desafortunados” os argumentos esgrimidos polo nacionalista, pois “se as axudas aos estudantes, á AMPA e para a luz están paradas é porque el non fai o seu traballo”. Tal é así que, destaca, “os Orzamentos poderían ser desbloqueados se o rexedor levase o asunto ao pleno, pero dende as municipais levamos varias sesións nas que un dos principais puntos son as súas dedicacións, polo que semella que é a súa única prioridade”, critica a popular.
“Tivo 5 meses para facelo e para corrixir iso, e non o fixo. Ademais, e tal como lle dixemos, hai proxectos máis necesarios para os veciños de Muras que urxe resolver e tampouco o fai”, insiste.
Dende o PP manifestan que “se ve a todas luces que pretende culpar da súa nula xestión ao resto de grupos políticos, pero non llo imos permitir”, e subliñan que “o prioritario para o concello é, por exemplo, dotalo de servizos básicos que non ten, antes que que o alcalde se fixe un soldo que, por certo, engaden, ao estar en minoría debería de ser consensuado co resto de forzas políticas”.
“QUE SE POÑA A TRABALLAR”
Así, dende o Partido Popular pídenlle a o nacionalista que “se poña a traballar como fan outros alcaldes galegos que tampouco cobran do Concello pero que si teñen un compromiso real cos seus veciños”; de aí que lamenten “a pouca humildade política que manifesta”, xa que, apuntan, “cando un se presenta a alcalde, aínda que ao final non goberne en maioría, a prioridade máxima sempre ten que ser ser útil ao pobo que se representa”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



