O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega de diplomas e lembrou que o Goberno galego investiu 534.000 euros na iniciativa
Begonte, 24 de outubro de 2023. A Xunta de Galicia clausurou o obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá VI coa entrega de diplomas aos 20 participantes, un acto no que interviñeron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e os alcaldes dos municipios promotores, o de Begonte, José Ulla; Friol, José Ángel Santos, e Rábade, Remedios González.
Arias explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 534.000 euros na iniciativa, dos que 30.000 están destinados a impulsar a inserción laboral dos participantes en empresas locais unha vez rematada a formación, financiando a súa contratación durante un mínimo de tres meses a xornada completa.
Durante o último ano o alumnado adquiriu coñecementos teóricos e prácticos en especialidades relativas á construción: operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (7 alumnos e alumnas en Friol) e revestimentos con pezas ríxidas por adherencia (7 en Begonte e 6 en Rábade).
Así mesmo, realizaron un traballo remunerado mellorando espazos públicos dos distintos municipios. En Rábade renovaron as beirarrúas das rúas Miguel de Cervantes, Lope de Vega e Fernando Arias, e as zonas peonís exteriores do cine MAN.
En Friol ampliaron una beirarrúa no polígono industrial e melloraron o pavimento na praza Campo da Feira; e en Begonte acondicionaron un tramo da avenida de Galicia e fixeron reformas nun edificio municipal para destinalo a cafetería no Campo da Feira.
Arias anunciou que nas vindeiras semanas porase en marcha un novo obradoiro que dará continuidade ás obras de mellora nos municipios e suporá oportunidades laborais para outros 20 traballadores desempregados.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



