Barreiros, 25 de outubro de 2023. O Canteiro, en Benquerencia, acollerá o vindeiro sábado, día 28, unha conferencia homenaxe á científica e investigadora barreirense Aurora Sampedro Piñeiro, que será impartida por Manuel Rivero.
Aurora Sampedro naceu en 1913 e faleceu en 1996. Foi Licenciada en Ciencias Químicas, doutora na mesma disciplina e Académica de Ciencias Experimentais. Manuel Rivero defínea coma unha estudante exemplar e unha adiantada ao seu tempo: “desprazouse a Madrid no ano 1930, viviu na residencia de estudantes, alí completou os dous anos do bacharelato universitario, rama de ciencias, para poder matricularse en químicas, carreira que cursou na Universidade Complutense desde 1932 ata 1935. Durante o tempo que durou a Guerra Civil, (1936-1939), tivo que interromper os estudos. Finalizou a carreira na Universidade de Oviedo en xullo de 1941, coa cualificación de sobresaliente. Os estudos de doutorado, tamén os realizou na Universidade Complutense, onde conseguiu o título de Doutora en Ciencias (Sección de Químicas) en 1948. Aurora Sampedro foi bolseira da Fundación March no ano 1961. Investigou en catro centros tecnolóxicos, desde o inicio da súa tese de doutoramento ata a xubilación: Laboratorio Central Renfe e os tres vinculados ao CSIC”.
Manuel Rivero decidiu aproximarse á figura de Aurora Sampedro Piñeiro porque “o pai de Aurora e aboa da miña muller eran irmáns e na casa familiar sempre se tivo gran estima a Aurora, pola súa mente brillante, o seu esforzo e a súa capacidade de traballo”. Era unha muller discreta “apenas comentaba os seus logros académicos, investigadores ou profesionais”.
A conferencia sobre Aurora Sampedro Piñeiro será pronunciada no Canteiro: “na escola onde dona Juanita, a súa mestra, descubriu o seu talento, e preocupouse por preparala para que superara os exames do bacharelato elemental por libre no Instituto de Lugo”. A charla dará comezo ás 17:00 horas. E despois ás 18:15 terá lugar unha ofrenda floral no cemiterio parroquial de Benquerencia.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



