Lourenzá, 26 de outubro de 2023. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, aclara que os 500.000 euros dos que falan os concelleiros do Partido Popular destináronse a arranxar estradas en todas as parroquias e á construción do multiusos Ponte de Cuñas.
A rexedora municipal manifesta que as declaracións dos concelleiros do PP sobre a economía do Concello son “outro exemplo de que en política para algúns o máis importante é apuntarse un tanto aínda que sexa soltando medias verdades para intentar confundir á veciñanza. Pero estamos para falar claro e sen tabús porque os veciños deben saber a verdade. É certo que no exercicio 2022 non existía a obrigatoriedade de cumprir a regra de gasto é por esa mesma circunstancia o Concello aproveitou para incorporar crédito do remanente de tesourería para facer obras moi importantes e necesarias para o municipio, cuestión que foi levada a pleno no seu día e na que o Partido Popular se abstivo. Esas obras suman os 500.000 euros dos que falan os concelleiros do PP e grazas a eles fíxose o maior investimento da historia no arranxo de estradas en todas as parroquias e construíuse o multiusos que temos agora en Ponte de Cuñas, grazas ao cal as asociacións poden facer todo tipo de actividades alí. Pero din os edís do PP, que tan preocupados están por ese gasto, por que non se traduciu en ningunha mellora para os servizos municipais nin en obras a favor dos veciñ@s. Menos mal que os investimentos e as obras están ai, á vista de todo mundo e afortunadamente non serve de nada querer tapar os ollos á xente porque o multiusos Ponte de Cuñas e a mellora das estradas do concello son unha realidade da que poden desfrutar xa os veciños. E velaí unha vez máis outro exemplo da política de sempre, a de non falar claro, dicindo tan só o que lles interesa para crear confusión na xente”.
Rocío López engade que “é posible que coas presas por saír na prensa aos concelleiros do PP se lles esquecera dicir que o Concello ten 900.000 euros de existencias de tesourería; é dicir, de diñeiro nos bancos. Ou quizais poida ser que non quixeran dicilo porque o obxectivo era preocupar á xente e non transmitir tranquilidade. Deberían ser máis prudentes á hora de criticar a xestión dos demais porque se falamos de gasto descontrolado a ninguén se nos esqueceu a grandiosa xestión do Partido Popular que nos levou a pagar subvencións perdidas como a do Pazo de Tovar e execucións de sentencias do peto de todos os veciños. E tampouco vai tan lonxe cando chegamos ao goberno no ano 2015 e tivemos que asumir un plan de axuste imposto polo anterior goberno do Partido Popular; non o digo eu, sábeno ben todos os veciños. Que pena que algúns queiran ser protagonistas a costa de todo aínda que iso supoña confundir a xente dicindo medias verdades”.
Para rematar a alcaldesa comenta: “en definitiva, cada un que siga o seu camiño: o noso é traballar e xestionar para facer cousas para o noso pobo e para que Lourenzá siga avanzando; e o doutros é poñer obstáculos nese camiño co obxectivo de que non se faga nada”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


