O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros acordou sacar a licitación a adquisición deste equipamento por 930.000€, co obxectivo de ter un acceso máis rápido e seguro a lugares elevados en situacións de emerxencia
Lugo, 26 de outubro de 2023. O Parque de Bombeiros de Vilalba contará cunha nova auto-escaleira xiratoria para ser máis eficientes nos labores de rescate e de combate do lume nos incendios. Así se acordou nun Pleno do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento que se celebrou este xoves pola mañá. Unha sesión que se desenvolveu por vía telemática e que presidiu o Presidente do Consorcio e tamén da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.
Acordouse sacar a licitación o subministro deste novo equipamento por 930.000€, que se incorporará para mellorar o equipo co que conta o parque chairego. Esta escaleira ten co último tramo articulado 30 metros de altura, o que equivale a uns 10 pisos dun edificio, o que facilita ter un acceso rápido a lugares elevados en situacións de emerxencia, como incendios en inmobles altos. Ademais, fai posible que os efectivos traballen dunha maneira máis segura ao tempo que se salvagarda a seguridade das persoas afectadas neste tipo de emerxencias.
O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



