Daniel García: “queremos que as nenas e nenos teñan referentes profesionais e vitais na gandeiría, como teñen doutras profesionais e sectores”
Lugo, 26 de outubro de 2023. Alumnas e alumnos do CEIP Terra Cha de Vilalba visitou esta semana a gandeiría de razas autóctonas Alejandro Salvatierra, na Pontenova, no marco da segunda edición do programa Da Escola á Granxa da área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado de Medio Rural Daniel García participou na visita, na que o alumnado -do último ciclo de primaria- coñeceron o traballo diario nunha gandeiría extensiva, con vacas, cabalos, ovellas, cabras e porcos, a maioría de razas autóctonas.
Da súa man, percorreron os arredores da gandeiría onde se alimentan os animais, pradeiras gañadas ao monte con queimas controladas e pastoreo, que modificaron a contorna da aldea de Neipín. Alejandro Salvatierra incidiu na súa explicación na importancia destas zonas de pradeira para protexer as aldeas fronte aos lumes.
Daniel García explicou que “queremos que as nenas e nenos teñan referentes profesionais e vitais na gandeiría e na agricultura, como teñen doutras profesións e sectores. Afastar definitivamente ese estigma social arredor da gandeiria, para que á hora de enfocar ás súas vidas vexan o rural e o sector primario como unha opción. As persoas que viven e traballan nestas granxas son ideais para iso porque trasmiten a enerxía e o orgullo polo que fan”
A gandeiría Alejandro Salvatierra incorporouse nesta edición ao programa Da Escola á Granxa, do que forman parte un total de 29 proxectos de emprendemento rural. Trátase de granxas, pequenas producións agrarias e obradoiros alimentarios das distintas comarcas, con actividades diversas, que comparten a aposta polo rural, por producións de calidade e por modelos e formas de manexo sostibles e adaptadas ao territorio.
A área de Medio Rural financia as visitas ás asociacións de nais e pais que solicitaron as actividades, que se están a desenvolver neste segundo semestre do ano. Participarán nelas preto de 4.000 alumnos e alumnas dos colexios de Becerreá, A Pobra do Brollón, Triacastela, Oural (Sarria), Monterroso, Santa Rita de Galdo e Lois Tobío (Viveiro), Terra Chá de Román, Insúa Bermúdez e Mato Vizoso (Vilalba), Riotorto, Xove, Samos, Xermade, Outeiro de Rei, O Páramo, Pantón, Palas de Rei, O Cantel e Nº 1 (Foz) , Alfoz, Quiroga, Guntín, Ribadeo, A Pastoriza, Bretoña (A Pastoriza), Castro de Rei, O Incio, Taboada, Bóveda, Monforte, Paradela, Muras, San Cosme de Barreiros e A Milagrosa, Lousada, As Mercedes, Santa María e Casás (Lugo). O programa supón un investimento de 80.000 euros.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



