Collo unha radio e case se pode dicir que teño tres opcións: guerra, música ou a nada. Guerra, que pode ser masacre en Israel ou por delegación en Ucraína, ou solapada noutros moitos lugares, mesmo a conta das dúas anteriores. Música, maiormente nunha das cadeas a ela adicadas, con aparencia de moi independentes pero en xeral moi dependentes. E a nada en forma de anuncios diversos, tertulias nas que se fala de todo sen unha dúbida de nada, concursos sobre a cor do óso da aceituna e semellantes.
Televisión? Ó ruído mediático da radio engádelle imaxes impactantes, contextualizadas ou non, mesmo aproveitadas doutros conflitos ou situacións ou repetidas unha e outra vez sen descanso. Coido que dimitín da televisión o día no que vin chocar unha e outra vez un e outro avión contra as torres xemelgas. Si, tamén escoito unha televisión que está por calquera lugar, interrompendo conversas e tranquilidade; é imposible non oíla e que as imaxes resultonas non se te metan ollo adiante.
Redes sociais? Súmalle ó anterior a ubicuidade tanto da súa presenza en calquera móbil (incluído o propio) como de calquera feito ou lugar atendido por calquera dos miles de millóns de persoas que soben (perdón, subimos) o que se podería chamar información á rede, e auméntalle as limitacións e nesgos que se procuran nas redes que buscan proveito (propaganda, influencias políticas, etc) para maximizalo non asustando ós fabricantes de automóbiles, bancos, ou a estados como o de Israel, entre moitas outras posibilidades.
Non, imposible escapar sen desconectar. E imposible desconectar sen renunciar a ese todo que somos social, a boa parte desas circunstancias que René Descartes enunciaba como nós mesmos: ‘eu son eu e as miñas circunstancias’.
Mais é necesario un refuxio. Xa hai máis de catro séculos que Cervantes fixo tolear a Don Alonso Quijano por unhas novelas de cabalería, produto social daquela época que non podería competir nin de lonxe co poder de tolear dos medios nos que literalmente estamos inmersos na actualidade.
Un refuxio. Un lugar onde a sobreabundancia de información se poda conter antes de que asolague a persoa. Onde as noticias nesgadas ou directamente falsas desfagan o criterio para escoller as bases do razoamento. Onde a imposibilidade de comprobación de todo o que nos chega anule a posibilidade sequera de poder actuar dun xeito minimamente independente. É necesario o tomar conciencia dun problema que non fai máis que agravarse coa introdución da intelixencia artificial nesa rede que xa se nos escapaba no seu manexo e máis ben nos manexaba máis e máis ata o de agora. Como? A xente que controla non ten receitas milagreiras para solucionalo, pero está de acordo en que é necesario poñerlle un coto, cada quen, ás novas que nos chegan do exterior, procurar un equilibrio. Do contrario, de non poñer ese coto, converteríamonos nun conto que non saberíamos contar por nós mesmos porque o escriben outros, persoas ou non, descoñecidos para nós, pero para os que non temos segredos.




















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



