José Manuel Gómez Puente denuncia que hai numerosos inconvenientes que sofren os veciños, como a falta de prazas de estacionamento ou os farois das rúas fundidos, que levan meses enquistados no municipio sen que a rexedora teña “ansia” por solucionalos
Barreiros, 7 de novembro de 2023. Os concelleiros populares de Barreiros poñen de relevo a falta de interese da alcaldesa do BNG por solucionar os problemas do día a día da veciñanza, moitos destes atrancos enquistados dende hai meses.
O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, explica que os veciños do municipio sofren a diario diferentes problemas que “pode que de xeito individual non supoñan un gran atranco, pero que en conxunto dificultan o día a día dos barreirenses”.
FALTA DE PRAZAS DE ESTACIONAMENTO
José Manuel Gómez Puente explica que nas proximidades do centro médico hai un solar que se emprega como aparcadoiro público “pese a que dende o Concello de Barreiros defenden que é dun propietario privado”.
A realidade é que este solar emprégase como aparcadoiro dende hai moitos anos e “pese a que o goberno local defende que é dun propietario privado a realidade é que o Concello de Barreiros realiza diferentes traballos de mantemento”.
José Manuel Gómez Puente pide que “no caso de que o concello non negociase co propietario do solar, o goberno local debería ter a apertura de miras suficiente para dialogar co propietario e chegar a un acordo que permita poñelo en boas condicións” xa que coas inclemencias meteorolóxicas do inverno ponse en moi malas condicións.
Tamén sofren problemas para estacionar os veciños das vivendas sociais. Nesta zona é preciso pintar as prazas para aparcar “para garantir o correcto aproveitamento do espazo dada a escaseza de prazas para aparcar”.
ALUMEADO PÚBLICO
Se hai unhas semanas denunciabamos que os veciños da rúa Sarxéndrez e próximas sufrían os problemas de non contar co alumeado público en funcionamento, tamén se da esta circunstancia na rúa que vai dende a N-643 ata as vivendas sociais, na zona na que están o centro médico e o centro sociocultural.
Hai varios farois fundidos que levan varias semanas así “polo que é urxente corrixir esta situación e substituír as lámpadas ou detectar os problemas de funcionamento e corrixilos para dar seguridade aos cidadáns evitando as zonas escuras”.
José Manuel Gómez Puente é claro e contundente: “Non son cousas de onte. Son deficiencias que levan tempo sen solucionarse. Unhas semanas e outras meses, unha clara mostra do deixamento e falta de ganas de traballar dos concelleiros do BNG á fronte do Concello de Barreiros”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



