Haberá xornadas de defensa persoal, charlas, a proxección dunha película e unha obra de teatro. As actividades desenvolveranse do 11 ao 26 de novembro
Ribadeo, 9 de novembro de 2023. Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia é o lema elixido polo Concello para a conmemoración do 25N. A programación das actividades, que se desenvolverán do 11 ao 26 de novembro, foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e polo subdelegado en Galicia da Asociación Española de Gardas Civís, Germán Vale.
A edil ribadense dixo que “na antesala do 25 de novembro, o Concello álzase con determinación baixo o lema Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia. O lema convida a tod@s, a unirse neste esforzo conxunto por un futuro onde a igualdade prevaleza sobre a violencia”.
O subdelegado en Galicia da Asociación Española de Gardas Civís, Germán Vale, indicou que “desde a Asociación Española de Gardas Civís de Galicia estamos moi sensibilizados coa violencia de xénero, xa que nos toca de preto no noso ámbito profesional. Nos programas de formación da asociación a xente civil queremos fomentar, como xa vimos facendo en distintos puntos da xeografía nacional, xornadas de defensa persoal para mulleres, sexan ou non vítimas de violencia de xénero, para que mulleres poidan responder a unha agresión física ou psicolóxica”.
Vale Varela dixo que “a violencia de xénero non é un problema que afecte ao ámbito privado. Ao contrario maniféstase coma un símbolo brutal da desigualdade existente na nosa sociedade”.
O delegado da AEGC subliña agradece “ao Concello de Ribadeo e ao CIM, e concretamente á concelleira de Igualdade, a súa predisposición desde a presentación da proposta para levar a cabo estas xornadas”.
Begoña Sanjurjo explicou que “para conmemoración do 25 de novembro levaranse a cabo varias iniciativas. A primeira delas comeza este sábado, día 11. Son as Xornadas de Defensa Persoal Feminina: Empodérate e Protéxeche, organizadas en colaboración coa Asociación Española de Gardas Civís, que terán lugar os días 11 e 18 de novembro. As sesións serán na Sala de Marciais do Pavillón Municipal polas mañás de 10:00 a 13:00 horas e polas tardes no auditorio municipal Hernán Naval”.
A concelleira de Igualdade seguiu a relatar que “o 11 de novembro ás 18:00 horas teremos unha Xornada Psicolóxica, Psicoloxía Protectora: Construíndo Resiliencia para a Autodefensa, na que intervirán como relatoras Lourdes Deán Fernández da OAV (Oficina de Atención ás Vítimas de Lugo) e Marta Rivas Rodríguez, psicóloga do IMELGA. Xa o vindeiro 18 de novembro teremos unha mesa redonda pola tarde no auditorio municipal titulada Defensa con Dereitos: Navegando ou Labirinto Xurídico para a Autoprotección, na que participará persoal do Xulgado de Violencia de Xénero; José Luis Raposo Cabo (Subtenente Diplomado en Policía Xudicial, Xefe EDOA Lugo); Gerardo Sevilla Brigada GC Diplomado Policía Xudicial, Comandante de Posto GC Ribadeo; e Xema López López GC (Equipo Viogen Compañía GC Burela). A mesa será moderará pola xornalista Carmen Cruzado”.
Sanjurjo contou que “o 24 de novembro proxectarase no auditorio municipal, dentro do programa o Concello cos Coles, a película Matria, que conta a historia de Ramona, unha muller galega que enfronta a violencia machista na súa comunidade. Haberá dúas proxeccións matutinas para os centros de ensino cun coloquio posterior co director e pola tarde ás 20:00 horas a película estará dispoñible para o público xeral. E o 26 de novembro Iria Piñeiro traeranos a súa obra Miss España, unha proposta artística que aborda os estereotipos de xénero e cuestiona os roles impostos ás mulleres na sociedade”.
E engadiu que “estes últimos días diversas asociacións de Ribadeo, os centros de ensino e outras entidades están a elaborar un vídeo colaborativo para destacar a solidariedade na loita contra a violencia de xénero, que será publicado en redes proximamente”.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



