O venres, 24 de novembro, haberá unha concentración ás 12:00 horas na Praza Nardo Martínez, en San Cibrao, coa lectura de manifesto a cargo do alumnado do CEIP Península da Paz, do CEIP de Cervo e da Asoc. Saúde Mental A Mariña, seguido dun minuto de silencio
Cervo, 20 de novembro de 2023. O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa, xunto coa asociación Saúde Mental A Mariña, diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.
No programa colaboran tamén a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), Airiños do Xunco, o CEIP de Cervo, e o CEIP Península da Paz.
Así, o venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, está prevista un concentración na Praza Nardo Martínez “pola igualdade e en contra da violencia de xénero” na que se gardará un minuto de silencio en recordo das vítimas, con lectura de manifesto a cargo dun representante do alumnado do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, e tamén da asoc. Saúde Mental A Mariña.
A continuación, ás 12:30 horas, o grupo de teatro A Mariña, representará no auditorio da Casa da Cultura a obra “Duelo ó Amencer” dentro do circuíto de teatro afeccionado 2023.
O sábado 25 de novembro, as Escolas Vellas de Cervo acollerán, coa colaboración da asoc. Airiños do Xunco, a actividade para toda a familia que leva por título Os contos do avó: mulleres galegas. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura, terá lugar o espectáculo de Mere Clown, Circo na Casa.
Ademais, Miguel Ángel Rojo Darriba impartirá uns talleres de defensa persoal, os días 28 e 30 de novembro, no edificio dos xulgados en Cervo e na Casa da Cultura en San Cibrao, respectivamente, ás 20:30 horas. As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura.
O Concello de Cervo convida a participar nas diferentes iniciativas programadas “pola igualdade e en contra da violencia de xénero”.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



