Séntense defraudados porque, en lugar de dar prazos e desbloquear os case 15 anos de paralización do PP, Ethel Vázquez confirmou que, “nin quere, nin ten intención” de facer realidade esta vía estratéxica para A Mariña, comprometida polo Partido Popular hai 22 anos
A Mariña, 24 de novembro de 2023. Os Alcaldes e Alcaldesas socialistas da Mariña ven “insultante” as “mentiras” vertidas no Parlamento de Galicia pola Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, sobre a Vía de Alta Capacidade Costa Norte. Os rexedores de Viveiro, Foz, Trabada, Lourenzá e Burela, que acompañaron á Deputada Patricia Otero para reclamarlle á Xunta prazos e orzamentos para esta infraestrutura estratéxica para a comarca tildan de “prepotente” a actitude da responsable de Infraestruturas durante a súa comparecencia, e acúsana de “botar balóns fóra”, escusándose nun discurso evasivo no que se limitou, “coma sempre”, a “culpar da súa incompetencia ao resto das administracións”, cando a execución desta obra é responsabilidade exclusiva da Xunta.
Séntense defraudados porque, en lugar de dar prazos e desbloquear os case 15 anos de paralización do PP, Ethel Vázquez confirmou que, “nin quere, nin ten intención ningunha” de facer realidade esta vía estratéxica para A Mariña, comprometida polo Partido Popular hai 22 anos.
“Unha vez máis, a Conselleira volveu a mentir en sede parlamentaria, o que me parece dunha enorme gravidade, porque é a Conselleira de todos os veciños e veciñas de Galicia, neste caso de Viveiro e da comarca da Mariña, e non do PP”, esgrimiu a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. Lembrou que a realidade é que os mariñaos “levamos 14 anos esperando, e o Goberno do PP, primeiro con Feijoó e agora con Rueda, non fixo nin un só metro desta Vía de Alta Capacidade estratéxica para a comarca”, pois vertebra as costas das provincias de Lugo e A Coruña.
A Conselleira non contesta á solicitude de reunión de Viveiro
“Aquí en Viveiro había un trazado, aprobado e consensuado por todo os veciños e veciñas, e a Xunta impuxo outro sen ter en conta a ninguén. Agora entendemos que era porque non tiña intención de facelo”. Durante todos estes anos, incidiu Loureiro, “non só reclamos unha vía de Alta Capacidade para Viveiro, senón tamén sentarnos a falar coa Conselleira”. De feito, dixo, “no último Pleno fixemos unha proposta para modificar o PXOM e facilitar á Xunta que saque adiante a variante, solicitándolle unha reunión cos voceiros e voceiras da Corporación municipal. Pois ben, seguimos á espera”. Polo tanto, “que se deixe xa de poñer escusas, e de facer crer que por culpa da Alcaldesa de Viveiro está bloqueada unha vía de Alta Capacidade territorial, e o que é máis vergonzoso, que teña a cara de dicilo sen tapuxos en sede parlamentaria e sen poñerse colorada”, subliñou María Loureiro.
“Queremos realidades, non só infografías”
Nesa mesma liña amosou a súa decepción o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto: ”O que queremos cando se lle pregunta a Conselleira, a titular que ten a responsabilidade e a que ten as competencias para construír a VAC, o que agardamos é que nos dea prazos e que nos detalle as actuacións que quedan pendentes, e non só con infografías como se fixo co viaduto sobre a ría de Viveiro, senón con realidades, con planos, con proxectos, con expropiacións, e con construcións”. Ademais, lembrou Cajoto Caserío que os Concellos de Burela e Foz teñen variantes desde hai moitos anos feitas polo Estado, e no caso de Viveiro con 15 mil habitantes e co servizo de Policía Nacional para toda a comarca, “segue sen variante coa cantidade de problemas e retencións de tráfico que se producen en épocas de verán”.
“Confirmado. Non é unha prioridade para a Xunta”
Así mesmo, criticou a falta de concreción de prazos a Alcaldesa de Trababa, Mayra García Bermúdez, por parte da Xunta. “Dende logo queda constatado que esta obra da VAC non é unha prioridade para o Goberno galego, porque nin quere, nin ten intención de facer realidade esta vía”. “As obras que hai feitas da Costa Norte, os dous tramos executados, en Xove e Ortigueira, foron licitadas polos socialistas no Goberno de Touriño”, aseverou. De pouco serve, denunciou a rexedora, que “ano tras ano haxa partidas orzamentarias para esta obra, cando quedan en papel mollado”, porque, “os veciños e veciñas da Mariña seguimos sen ver un só metro máis desta Vía de Alta Capacidade”.
Coinciden os rexedores en que será de novo un Goberno socialista o que retome e execute esta infraestrutura, pois, tal e como xa anunciou o candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, será a primeira obra que faga cando chegue ao Goberno galego.
Comparecencia con ton burlesco e ofensivo
Pola súa banda, a Alcaldesa de Burela, Carmela López, recriminou á Conselleira a falta de humildade e o ton “burlesco” á hora de falar dunha vía tan importante para os mariñaos. “Non fomos ata a Cámara Galega para escoitar ataques ao Goberno Central, fomos para saber cando se vai a construír unha infraestrutura que é unha débeda con nós”. Do mesmo xeito, lamentou a Acaldesa de Lourenzá as palabras de Ethel Vázquez ao referirse á Mariña “como o pozo das fochancas”, e pola contra “non aportar nin unha soa previsión concreta, seguindo a castigar a toda unha comarca”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



