Martín Seco acusa ao goberno galego de deixar solos aos concellos diante da praga de gusanos soldado, que está a afectar aos cultivos dos concellos galegos dende a Mariña Lucense a Barbanza, pasando pola Costa da Morte e chegando ata Compostela
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, reclamoulle hoxe á Xunta que se poña á cabeza da loita contra a invasión de verme da pradería, que está a afectar aos cultivos dos concellos galegos do Barbanza e a costa de Coruña e Lugo. Seco presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura do Parlamento para reclamarlle á Xunta que coordine as actuacións e protocolos necesarios para evitar danos maiores nos campos galegos, que foi rexeitada polo PP.
O responsable socialista acusou ao goberno galego de ter deixado solos aos concellos galegos, desbordados sen un protocolo de actuación claro e sen o apoio que precisaban dende o Executivo fronte á praga desta especie, tamén coñecida como “gusanos soldado”. Malia que estas larvas non son tóxicas para os humanos, provocan estragos nas plantacións de millo, trigo, cebada, sorgo, avena e tamén tomate, leituga ou pemento.
Explicou que esta larva dunha avelaíña apareceu en Valdoviño e foi detectada despois en Bergantiños e a Costa da Morte, e foise estendendo ao Barbanza, o Xallas e achegándose a Santiago de Compostela, ademais de aparecer con forza na Mariña Lucense.
Seco reclamoulle ao goberno galego que lidere a loita das múltiples comarcas afectadas nun momento especialmente delicado para o sector produtor, “cos prezos da forraxe e dos pensos polas nubes” como consecuencia da escaseza provocada pola seca e o impacto da invasión de ucraína no mercado do cereal.
Instou a que siga o exemplo de outras autonomías do entorno, como é o caso de Cantabria, onde “puxeron a traballar aos seus centros públicos de investigación dende 2021 para ver de afrontar a problemática afectada polo verme, xerando información sobre a súa bioloxía, ecoloxía e control natural nas condicións dos seus territorios”. Dixo que “en Galicia poderiamos facer este traballo de cara ao futuro como apoio aos nosos produtores”.




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



