Barreiros, 27 de novembro de 2023. O centro sociocultural de San Cosme de Barreiros acolleu na tarde deste domingo a clausura da II edición do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros coa entrega de premios aos mellores deportistas así como un agasallo conmemorativo a todas as persoas que participaron en, polo menos, 4 das 6 probas coas que conta o circuíto. A Carreira Solidaria de Reis, a Carreira das Praias, o ½ km Vertical, a Benquerencia Terra-Mar, o Trail Monte Comado e a Carreira Popular Ao Son do Masma.
Tamén houbo un oco para o agradecemento ás asociacións colaboradoras e organizadoras de varias probas do circuíto. Colectivo Cultural Ollomao, Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado e Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.
Á entrega de premios asistiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida e o concelleiro de dinamización, Dani García que agradeceron a numerosa asistencia á Gala así como a boa participación que se acadou este ano no circuíto.
O edil de dinamización fai “un balance moi positivo” e agradece a colaboración “polo traballo e dedicación que tanto deportistas como voluntarios e voluntarias, tecido asociativo e patrocinadores, fan posible manter en Barreiros 6 carreiras populares xa consolidadas no calendario mariñán”.
Dani García anunciou tamén a continuidade do circuíto +KmsBarreiros para o 2024 dando comezo “o vindeiro 7 de xaneiro teremos a carreira e andaina solidaria de Reis que dará o pistoletazo de saída a unha nova edición que traerá novidades de cara a seguir fomentando a participación”. O concelleiro animou a descubrilas “buscándonos nas das redes sociais, facebook e instagram ou a través da app propia do circuíto que está dispoñible tanto para Android como iOS na web www.maiskmsbarreiros.gal.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



