“Coa recollida da materia orgánica, as illas no rural, o punto limpo móbil e o sistema de quita e pon no casco histórico, optimizaremos a calidade do servizo, e requerimos a colaboración de todas e todos os viveirenses”, sostén Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa de Viveiro
Viveiro, 29 de novembro de 2023. O Concello de Viveiro presentou hoxe unha serie de novos servizos e utilidades na recollida de lixo e a limpeza viaria para facilitar á veciñanza unha correcta xestión dos residuos; mellorar a percepción xeral do entorno urbano nunha zona tan emblemática como é o casco histórico, e optimizar os servizos de recollida de lixo no rural.
“Coa implantación dos novos servizos, agardamos optimizar a calidade e o correcto funcionamento do servizo, para o que requerimos da colaboración e participación de todas e todos os viveirenses, que se animen a reciclar máis e mellor, e así facer de Viveiro un concello cada vez máis sostible”, asegurou a tenente de alcaldesa e responsable da área de medio ambiente, Míriam Bermúdez.
Os novos servizos foron presentados esta mañá diante do concello, nunha rolda de prensa á que tamén asistiron a alcaldesa, María Loureiro; persoal da empresa FCC, e Marco Paraños, que deseñou a nova imaxe e rotulación do servizo.
María Loureiro destacou “a aposta do noso concello para mellorar o servizo, que continúa hoxe coa chegada dos novos vehículos e coa posta en marcha de iniciativas para mellorar a reciclaxe en zonas tan emblemáticas como o casco histórico”.
“A nova imaxe da área de medio ambiente, baixo o lema Viveiro Sostible, acompañará a tódalas actuacións que desenvolva a Concellería de Medio Ambiente; á hora de deseñar o novo logo, que pretende ser un emblema para o Concello de Viveiro, contactouse con Marco Maraños, artista local e tatuador, quen reflexou á perfección a idea que queríamos”, explica Bermúdez.
O logo deseñado empregouse na rotulación dos novos vehículos do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que hoxe se presentaron.
O suministro dos vehículos fíxose de forma gradual: algúns deles veñen prestando servizo dende hai meses, e a súa entrega demorouse debido á crise de compoñentes provocada pola pandemia da Covid e a guerra de Ucrania, quedando aínda pendente o subministro dos vehículos destinados á recollida de residuos.
Hoxe presentouse tamen a nova aplicación de incidencias (app), Viveiro Avisos, que pode ser descargada dende a Google Play Store para dispositivos Andoid ou dende o enlace https://viveiro.fccma.com/#/ para dispositivos IOs.
Nesta aplicación, tódolos cidadáns poden rexistrar incidencias observadas tanto no servizo de recollida de lixo (lixo sen recoller, colectores rotos) como de limpeza viaria (excrementos non recollido, pintadas, manchas).
“Tamén se pode solicitar a recollida domiciliaria de enseres, que é un servizo inda pouco coñecido pola cidadanía e que é necesario poñeer en valor, xa que na actualidade aparece un número moi elevado de enseres depositados en vía pública sen aviso”, engadiu Bermúdez.
OFICINA
FCC, a empresa concesionaria do servizo de limpeza, poñerá en marcha o próximo día 11 de decembro a oficina de atención cidadá, que estará situada na rúa Teodoro Quirós Nº7, pegada á oficina da Policía Local. Na oficina atenderase calquera reclamación, suxerencia ou observación que poida ter a veciñanza, ademáis de anotar as recollidas domiciliarias de enseres e ofrecer a toda a información relativa ó servizo.
“Igualmente, queremos presentar hoxe o novo servizo de recollida da fracción orgánica que se poñerá en marcha o próximo día 18 de decembro”, afirmou a tenente de alcaldesa.
Para o desenvolvemento deste servizo de recollida, situaranse na vía pública colectores marróns con apertura restrinxida mediante chave. Os colectores serán situados na vía pública en diferentes puntos do casco urbano de Viveiro, xunto cos núcleos de Celeiro e Covas, e irase extendendo de forma gradual en función da demanda. A recollida do residuo realizarase 3 veces por semana e será depositado na planta de compostaxe recentemente posta en marcha en Cervo.
A xestión de fracción orgánica no rural farase a través da compostaxe, para o cal o ano pasado xa se levou a cabo unha entrega de 300 composteiros, “e agardamos durante o ano 2024 facer unha segunda entrega a todas aquelas persoas que estean interesadas”, afirma Míriam Bermúdez.
“Melloraremos tamén a recollida selctiva no rural coa implantación gradual dunha illa de reciclaxe en cada parroquia, que completan o servizo de punto limpo móbil que retomaremos na vindeira semana”, sostén a tenente de alcaldesa.
Finalmente, e coincidindo coa posta en marcha do servizo de recollida da fracción orgánica, poñerase en marcha o servizo de quita e pon de colectores no casco histórico.
Coa posta en marcha deste servizo eliminaranse os colectores na vía pública no ámbito do casco histórico, que provocan frecuentes problemas de suciedade e cheiros, substituóndose por un servizo de retirada e colocación diaria de colectores.
Este servizo, consistirá na colocación diaria de colectores en 16 ubicacións do casco histórico, que coinciden coas ubicacións actuáis máis cinco novas ubicacións.
Esta colocación realizarase de forma diaria a partir das 18:00 horas, estando os colectores disponibles para a súa utilización ata a mañá do día seguinte ás 06:00 horas.
Xunto cos colectores de fracción resto vaise facilitar por primeira vez o acceso á recollida selectiva para os habitantes e negocios do casco histórico, que ata agora non dispoñían.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



