Luís Bará acusou ao PP de aprobar unha lei en solitario cunha disposición que impedía o seu desenvolvemento e lamentou que, por segunda vez, votara en contra da proposta do BNG, “ unha vía legal e constitucional” para o traspaso
Santiago de Compostela, 4 de decembro, 2023. O deputado do BNG, Luís Bará defendeu unha Proposición de lei para traspasar as funcións e competencias en materia de xestión para o ordenación do litoral co fin de que sexa debatida no Congreso dos deputados e facémolo, dixo por segunda vez tras ser vetada polo Partido popular no mes de xuño. Naquel momento o PP, xa rexeitou a posibilidade de sometela a trámite.
O nacionalista que a lei do litoral foi aprobada no mes de xuño unicamente cos votos do Partido popular e posteriormente, o Goberno central anunciou un recursos de inconstitucionalidade que foi admitido a trámite polo Tribunal Constitucional no mes de decembro suspendendo 31 artigos da lei, unha suspensión de facto, dixo o deputado, xa que a lei aprobada no Parlamento incluía unha disposición que dificultaba grande parte dos seus contidos como o referido ás “competencias en materia de autorizacións e concesión no dominio público terrestre” que quedaba supeditado á transferencias das competencias. Esta circunstancia, recalcou Bará, demostra, que o núcleo duro da lei está en suspenso pola propia redacción da lei do Partido popular, e a lei sen esa competencia, “é papel mollado”.
O parlamentario do BNG explicou que para vencer esa barreira, o BNG propón “unha vía legal e constitucional” e facer posible o traspaso da xestión das funcións e servizos e poder executar as competencias en materia de litoral porque sen o traspaso “non se pode facer nada no dominio público marítimo terrestre”.
O BNG propón unha vía legal e constitucional para resolver o conflito
Para a deputado é lamentable que o PP non apoiara a primeira vez a proposta que hoxe volvemos a traer á Cámara galega porque “teriamos avanzado moito” pero a intención do Partido popular sempre é a mesma “retrasar os avances en Galiza e ser un atranco para o autogoberno”. Contra este retroceso, dende o BNG, “queremos avanzar” desde o diálogo e o acordo porque Galiza debe ter plenas competencias no litoral e avanzou que o BNG defenderá todas as vías posibles para conseguilo.
Galiza, agresou, conta con 2.555 km de costa, incluíndo as illas e marismas. O territorio costeiro representa o 15% do territorio con 71 concellos nos que vive a metade da poboación galega e cunha importante actividade económica. Mobiliza 8.800 M€ ao ano, o 5% do PIB e move 40.000 empregos, e o “50% de todo o emprego marítimo pesqueiro do Estado español” e somos a décima potencia exportadora de todo o mundo. A maiores, o nacionalista salientou a “enorme riqueza biolóxica de diversidade natural nas rías e a plataforma continental”.
Menos formigón e menos depredación
Protexer todo este potencial precisa de criterios de sustentabilidade e respecto polo medio desbotando todas aquelas medidas de presión urbanística e ocupación innecesaria como pretende o Partido popular, “menos formigón e menos depredación”.
Por outra parte, reivindicou a condición das competencias de Galiza recollidas no artigo 37 do Estatuto, tanto “do territorio como do litoral” ao que sumou as recomendacións do Consello Consultivo sobre o desenvolvemento das competencias.
Dende o BNG defendemos a competencia galega do litoral e rexeitamos o recurso do goberno central. Urxe abrir un diálogo e reunir a comisión bilateral de Cooperación pero todo indica que non interesaba este diálogo ao existir outras intencións que non eran outras máis que “ impedir a transferencia e crear un conflito co Goberno central que tragou o anzol e por iso presentou o recurso”.
Gran parte da lei do litoral pode acollerse a outras normas que na actualidade xa están en marcha pero ao PP “non lle interesa”. A Xunta actuou con présas e ás portas dunhas eleccións xerais, mesmo vetando o informe do CES e a súa presenza no trámite da lei.
O deputado lamentou que o PP impedira a toma en consideración da proposta nacionalista para que a lei continuara o seu trámite e acusou á Xunta do Partido popular de non ter conseguido “ningunha transferencia en 14 anos”.
Bará concluíu a súa intervención acusando ao PP de querer defender, no ano 2021 os intereses de ENCE “ameazados por un cambio de posición do Goberno central sobre as concesións do dominio público marítimo terrestre”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



