Nota de prensa;
Deputación e Xunta contratan a cobertura provincial contra incendios por máis de 35,6 millóns de euros
– Con esta contratación, Lugo deixa de ser a única provincia galega sen unha rede provincial de bombeiros que garanta a seguridade dos habitantes da provincia
– O Consorcio aproba a contratación de novos vehículos e equipamento para as instalacións contra incendios por preto de 1,4 millóns de euros
– As empresas adxudicatarias encargaranse da selección dos 90 efectivos que prestarán servizo nos 5 parques previstos polo Consorcio, e no que xa estará integrado Monforte
O Deputado provincial e Presidente da Comisión Executiva do Consorcio Provincial de Bombeiros, Claudio Garrido, acompañado do Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, anunciou este luns que no quinto Pleno do Consorcio se aprobou a contratación do novo modelo de xestión que rexerá a rede provincial de parques de extinción de incendios, e que ambas as dúas institucións agardan ter adxudicada antes de que remate o ano. Neste senso, ambos os dous responsables destacaron que con esta contratación, Lugo deixa de ser a única provincia galega sen unha rede provincial de bombeiros que garanta a seguridade dos habitantes da provincia, “e podemos dicir que este é o inicio real do funcionamento da rede de bombeiros”.
O obxectivo prioritario do Consorcio é a posta en marcha de forma inmediata dos 5 parques (Viveiro, Chantada, Sarria, Vilalba e Barreiros) e da integración do de Monforte, unha vez que o Concello resolva o proceso de selección de persoal que está a levar a cabo nestes momentos. O novo modelo de xestión indirecta é o sistema que existe nos outros 18 parques comarcais galegos, a excepción do de Silleda, polo que a Xunta propuxo xeneralizalo á provincia de Lugo para uniformalo co resto de Galicia. A este respecto, o Director Xeral de Emerxencias destacou que “deste xeito garantimos o servizo as 24 horas do día e os 365 días do ano en todos os parques. A partir do próximo ano a provincia terá este servizo en todas as zonas, uníndose ó resto de Galicia. Con elo iniciamos o novo mapa de emerxencias de Galicia, pasando a ter o vindeiro ano 32 parques, dos que 25 son da Xunta e das respectivas Deputacións”.
O orzamento do contrato, que servirá como base para a licitación, ascende á 35.616.000 euros. O prazo de duración inicial será de 8 anos, podendo prorrogarse como máximo
ata 15, tal e como establece a lei. O proceso de adxudicación estará formado por un comité de expertos que estará constituído por: 2 técnicos expertos propostos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e outros 2 técnicos designados pola Deputación de Lugo, “de tal xeito que en todo momento o control será público”.
Distribución territorial co parque de Monforte
O novo modelo de xestión inclúe unha nova distribución territorial, na que xa está incluído o de Monforte de Lemos. Na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro darán cobertura a 25 Concellos: Abadín; Alfoz; Barreiros; Burela; Begonte; Cospeito; Cervo; Foz; Guitiriz; Lourenzá; Mondoñedo; Muras; O Valadouro; O Vicedo; Ourol; Outeiro de Rei; Pastoriza; Rábade; Ribadeo; Riotorto; Trabada; Vilalba; Viveiro; Xermade; Xove.
Os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos (zona sur) prestarán servizo a outros 25: Antas de Ulla; Baralla; Becerreá; Bóveda; Corgo; Carballedo; Chantada; Guntín; Láncara; Monforte; Monterroso; O Incio; O Páramo; O Saviñao; Pantón; Paradela; Póboa do Brollón; Portomarín; Quiroga; Ribas de Sil; Samos; Sarria; Sober; Taboada e Triacastela.
Con todo, o ámbito territorial adscrito a cada un destes parques, con independencia da súa actuación profesional en caso necesario fóra dos límites do mesmo, a nivel comarcal e provincial, ou mesmo autonómico.
A prestación do servizo incluirá a actuación nas situacións seguintes: incendios; inundacións; accidentes de circulación; rescates e salvamentos; actividades de prevención, etc.
Máis material para os parques
Os 5 parques estarán dotados de 21 vehículos, dos que xa 12 foron adquiridos pola Deputación e 5 pola Xunta de Galicia en 2008. Ademais, o Consorcio aprobou a contratación de novo material e equipamento por valor de 1.382.000 euros para as instalacións contra incendios. Trátase de tres vehículos: un autobomba urbano lixeiro (BUL): 290.000 euros; de rescate en altura (26 metros): 500.000 euros; de rescate en altura (32 metros): 550.000 euros; e do equipamento de catro bombas nodrizas: 42.000 euros. Deste xeito, tal e como destacou o Deputado provincial, “Lugo vai se a única provincia de Galicia que conte con todos os vehículos de escaleira mecánica para poder acceder e garantir un bo servizo ós cidadáns”.
O Consorcio tamén aporta as propias instalacións de cada parque e do entorno onde se asenta, así como o seu equipamento: tanto o propio de oficinas e instalacións como dos equipos contra incendios e intervencións.
Pola súa banda, as empresas que resulten adxudicatarias do concurso aportará os medios humanos necesarios, un total de 90 persoas, 18 por parque: 11 bombeiros-condutores, 6 xefes de quenda-conductores e 1 xefe de servizo. Por quenda de traballo debe haber 3 persoas, unha delas será o xefe de quenda-condutor; dotación mínima que se deberá respetar todo os días do ano durante as 24 horas do día e os 365 días do ano. Os adxudicatarios tamén se encargarán do mantemento das instalacións do parque, dos vehículos e do equipamento.
O persoal seleccionado terá unha formación inicial mínima de 250 horas, das que o 40% serán teóricas e o 60% prácticas. “É unha formación especializada en materia de incendios que capacitará ós efectivos para a prestación dun servizo á provincia axeitado”, subliñou o Santiago Villanueva.
O Pleno tamén aprobou a liquidación do orzamento de 2009 e a modificación de 2010, dotado con 2 millóns de euros, debido ó novo modelo de xestión. Tal e como establece a modificación dos Estatutos publicados no Diario Oficial de Galicia, o 12 de agosto, elexiuse Presidente do Consorcio a José Ramón Gómez Besteiro e Vicepresidente ó Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia.
Ademais de Gómez Besteiro e Santiago Villanueva e Claudio Garrido, no Pleno tamén participaron: Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Antonio Fernández López, Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Xosé Antón Bao Abelleira, Vicepresidente Primeiro da Deputación; Alfonso Fuente Parga, Alcalde de Barreiros; Manuel Anxo Taboada, Alcalde de Chantada; Gerardo Criado, Alcalde de Vilalba, e o Secretario Adxunto da Deputación, José Mourelle Cillero.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



