Daniel García: “aproveitamos a experiencia e as redes creadas ao longo destes anos para facilitar o contacto entre pequenas producións e comedores escolares”
Lugo, 11 de decembro de 2023. A área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e A Carqueixa están a desenvolver un proxecto para fomentar que os centros de ensino valoren a posibilidade de mercar directamente a produtoras e produtores locais.
A iniciativa aproveita o traballo desenvolvido pola área provincial a través do programa “Da Escola á Granxa” e do apoio á comercialización de produtos de razas autóctonas e a experiencia adquirida pola cooperativa gandeira en plataformas como “Son de Lugo” para poñer en contacto producións locais e comedores escolares.
A cooperativa gandeira visitará ao longo desta semana unha decena de colexios dando a coñecer os produtos das granxas e obradoiros alimentarios que participan no programa “Da Escola á Granxa” e ofrecéndolles a posibilidade de realizar un estudo individualizado que avalie os procesos, embalaxes e loxística necesaria para incrementar a presenza de produtos de quilómetro cero nos menús escolares.
A actividade comezou este luns nos colexios de San Cosme de Barreiros, Mondoñedo e Parga, e continuará nos vindeiros días nos centros de infantil e primaria de Becerreá, Baralla, Guntín, Navia de Suarna, Cervantes, Mato Vizoso de Vilalba e A Ponte de Lugo, aos que se entregará un lote de produtos.
O deputado Daniel García explica que “con esta iniciativa aproveitamos a experiencia e as redes creadas ao longo destes anos para facilitar o contacto entre pequenas producións e comedores escolares e propiciar acordos que serían beneficiosos para ambas parte; no caso dos produtores, asegurar uns ingresos recorrentes e no caso dos centros, incorporar aos menús alimentos saudables e de grande calidade”.
O proxecto ofrece tamén aos centros escolares información sobre convocatorias específicas para conseguir recursos económicos destinados a fomentar o consumo de produtos locais.
Da granxa á mesa
A iniciativa encádrase na campaña “Da granxa á mesa” coa que a área de Rural, Mar e Mocidade pretende promover o consumo de produtos de proximidade entre a poboación máis nova, con iniciativas propias e colaboracións que poñan en valor a calidade dos alimentos que se producen no rural e que sensibilicen sobre a importancia das decisións de consumo na sostibilidade económica e social das granxas e das pequenas producións locais, e polo tanto no mantemento da poboación no rural e na conservación do territorio.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



