Lugo, a 12 de decembro de 2023. Delegadas e delegados da CIG de todas as provincias e sectores manifestáronse este martes en Lugo en apoio e solidariedade á loita que están a desenvolver as traballadoras da limpeza en demanda dun convenio digno. A mobilización desenvolveuse no día que se cumpren 58 xornadas de folga e na véspera dunha nova xuntanza coa patronal.
Con esta mobilización, que estivo precedida dunha asemblea, a CIG “fai un acto de solidariedade e apoio incondicional a unha loita que temos claro que imos gañar”, valoraba ao inicio da manifestación o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. Salientou a capacidade de resistencia das traballadoras nas súas xustas reivindicacións fronte a unha patronal intransixente e denunciou o papel das administracións -como poderes públicos e como principais contratistas dos servizos de limpeza-, ao consentir na situación de conflito que hai en Lugo e nas condicións de precariedade impostas polas empresas.
Carril rexeitou a actitude “intolerábel” de ASPEL, a asociación estatal que agrupa as principais empresas do sector, “que pretende estender a pobreza e a explotación laboral no noso país”. Esta estratexia de precarizar a negociación colectiva repítese no resto dos convenios da limpeza polo que, advertiu, as mobilizacións iniciadas en Ourense e Pontevedra poderíase intensificar nas próximas semanas.
Nesta liña, o secretario xeral da CIG tamén interpelou as administracións a que fagan cumprir a lexislación vixente e que haxa “unha actuación decidida para exixir de oficio que o SMI sexa unha realidade neste convenio colectivo”. Cómpre destacar que o convenio da limpeza de Lugo é un dos máis baixos do sector e coa actual oferta patronal as táboas seguirían quedando por debaixo do salario mínimo interprofesional.
Precisamente cando se está a negociar a suba do SMI, a CIG revindica que este se sitúe no 60% do salario medio, isto é nos 1253 euros/mes, conforme ao recollido na Carta Social Europea. Neste sentido Carril criticou que nas mesas do diálogo social se pretenda “facer o imposíbel” por incumprir a CSE e lembrou que o pasado mes de outubro, a CIG presentou unha reclamación colectiva perante o Comité Europeo de Dereitos Sociais (CEDS) polo incumprimento do Estado español nesta materia.
A patronal ten que mover as súas propostas
A mobilización tivo lugar na véspera dunha nova reunión da mediación “na que agardamos que a patronal mude a súa postura e se mova nas súas propostas. Porque o que están demandando as traballadoras é simplemente un convenio cuns salarios dignos”, afirmaba Asunción Castiñeira, representante da CIG-Servizos.
Cualificou de “desprezábel” a posición da patronal que, convenio tras convenio, busca consolidar a precariedade absoluta no sector. “Pero as traballadoras están fartas e dixeron basta. Non están dispostas a continuar coas mesmas condicións. Son mulleres fortes, valentes e un exemplo de loita e dignidade e así o están demostrando”.
Castiñeira destacou que as compañeiras levan xa 58 días en folga, con protestas diarias, encontros institucionais, unha recollida de sinaturas que xa foi apoiada por milleiros de persoas e unha caravana reivindicativa permanente diante do edificio da Xunta porque “a Xunta é parte importante neste conflito e non pode mirar cara a outro lado. Exixímoslle que tome medidas”.
Sobre ASPEL advertiu que controla a negociación provincial e que as grandes empresas e grupos que representa están copando todos os contratos públicos da limpeza, desprazando as empresas provinciais “e obtendo millonarios beneficios”. Pero esas avultadas ganancias “non repercuten nunha mellora das condicións salariais e laborais das traballadoras”.
Por iso, reiterou que “a mobilización é o único camiño que nos queda para sacar o convenio adiante e as traballadoras están dispostas a continuar até onde faga falta”. Na mesma liña, Carril incidiu en que a proposta patronal “é inasumíbel e insultante”, que a parte social xa modificou puntos da súa plataforma e que “a patronal é agora a única que ten que moverse”.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


