O Presidente, José Tomé Roca, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López, selaron este martes un acordo polo que a institución provincial achega 90.000€ á entidade para desenvolver o proxecto Gabinete Empresa Século XXI
Lugo, 12 de decembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López, asinaron este martes un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 90.000€ para desenvolver o proxecto Gabinete Empresa Século XXI, dirixido a fortalecer, diversificar e mellorar a competitividade do tecido empresarial da provincia.
No marco do apoio aos sectores produtivos como “unha das grandes liñas de traballo” do Goberno provincial, esta nova colaboración coa CEL serve para facilitar gratuitamente ás empresas -sobre todo ás PEMES e autónomos- as ferramentas e o asesoramento que necesitan para adaptarse ás circunstancias cambiantes e competir así con éxito no mercado actual”, mellorando “a súa capacidade para xerar riqueza e emprego e, con elo, contribuír a fixar poboación”, explicou o Presidente.
O proxecto Gabinete Empresa Século XXI inclúe xornadas formativas sobre financiamento e negociación bancaria ou sobre nova lexislación; actividades para fomentar a industrialización do rural; estudos para mellorar a planificación loxística; o impulso da prospección comercial ao mercado internacional; ou a publicación de Lugo en Cifras, unha recompilación actualizada dos datos demográficos, sociolaborais e económicos máis significativos da provincia de Lugo.
“Dirixímonos especialmente ás PEMES e ós autónomos. Primeiro, porque representan o 99% do tecido empresarial da provincia. É dicir, son o gran músculo da economía lucense. Pero tamén, porque, debido ás súas características, teñen máis dificultades para desenvolver pola súa conta actividades de formación e de actualización”, subliñou José Tomé.
Co acordo de colaboración asinado hoxe entre o Presidente da Deputación e o secretario xeral da Confederación de Empresarios lucense, a institución provincial fortalece o apoio ao tecido empresarial en beneficio do conxunto da provincia porque, con proxectos coma este, “contribuímos a fortalecer, a diversificar e a mellorar a competitividade do empresariado. Polo tanto, estamos mellorando a capacidade das empresas para xerar riqueza e emprego no conxunto do territorio e, desta forma, estamos axudando a fixar poboación”.
José Tomé avanzou que “a boa disposición da CEL para deseñar actividades de interese buscando a colaboración de todos os axentes sociais vai encontrar sempre a man tendida da Deputación, dende o convencemento de que todo o que facemos xuntos polo ben da provincia acada un resultado mellor, e tamén obxectivos de maior impacto”.



















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



