As bases do Plan Deputación 2024 publicaranse no BOP o vindeiro 8 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que facilita tamén que as entidades locais teñan máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos
Lugo, 26 de decembro de 2023. O Goberno provincial aprobou no Pleno ordinario celebrado este martes as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos (antes Plan Único), que decidiu subir ata os 21,75M€, o que supón transferirlle aos 67 municipios da provincia o 20% do Orzamento provincial, seguindo criterios públicos e obxectivos –como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial-, e cun respecto total á autonomía municipal. O programa de investimentos saíu adiante grazas aos votos a favor de PSdeG e BNG, e a pesar da abstención do Partido Popular.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, valorou positivamente este acordo que lle permitirá aos 67 concellos da provincia desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. O Plan Deputación forma parte do “noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano incorporamos melloras, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos, e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”, subliñou o mandatario provincial.
“Cumprimos co acordo que temos no Goberno de incrementar ao longo do mandato o Plan Deputación nun millón de euros, cun cuarto de millón cada ano. Polo tanto, no 2024 subímolo en 250.000€. Tamén se modifica o tope máximo que había, sendo coñecedores de que os concellos que teñen máis poboación tamén teñen máis necesidades”. Exemplificou o mandatario provincial que as obras que se fan grazas a este programa son “moitas, son máis de mil obras que se financian co Plan Deputación, por iso tamén lle cambiamos o nome para que se identifique mellor quen fai os investimentos”.
“Afianzamos o peso deste plan nos presupostos provinciais, cun nivel de compromiso cos concellos que non ten parangón na Xunta de Galicia -pois non conta cun plan semellante, e mantén o Fondo de Cooperación Local nun raquítico 1,1% do total do seu presuposto-; nin tampouco nas deputacións de Ourense -que se apunta a esta medida, pero queda moi por debaixo desta institución-, e de Pontevedra -que recorta os fondos en máis dun 21%”, afirmou.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, defendeu que esta maneira de traballar “responde a un xeito de gobernar, de entender a acción política dende as institucións, cunha forma de entender a xestión do público, do de todos, para que chegue a todos os municipios e veciños e veciñas da provincia”. Porto concretou que será cada concello o que priorice e decida, en función das súas necesidades como e onde quere investir os fondos que lle achega a Deputación.
Plan Deputación 2024
Por cuarto ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o Plan Deputación no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e prazo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos. Por exemplo, as obras públicas poderanse executar na primavera-verán, o período do ano máis axeitado para traballar en exteriores dadas as características climáticas da provincia.
Así mesmo, as bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 8 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que tamén facilita aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos.
Reparto con criterios públicos e obxectivos
O Plan Deputación 2024 mantén a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE).
A maiores desta contía, os 67 concellos tamén farán achegas seguindo igualmente criterios obxectivos, que no seu conxunto sumarán máis de 920.000€, o que elevará este Plan Deputación a preto dos 23M€.
A distribución dos fondos por concello























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



