O conselleiro acudiu ás instalación da empresa lucense en Foz para coñecer o seu traballo
Foz, 27 de decembro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as instalacións de Pescados Rubén en Foz e alí destacou o imprescindible papel como locomotoras económicas que constitúen as industrias da comercialización e transformación dos produtos da pesca e a acuicultura para A Mariña. Neste caso, ademais, xogan un papel social de gran relevancia polo seu apoio ao equipo de fútbol sala Pescados Rubén Burela FS, exemplar en toda España na súa loita pola igualdade no deporte de mulleres e homes e que preside Manuel Blanco Fanego, líder tamén da compañía pesqueira.
O titular de Mar coñeceu a capacidade produtiva dos seus procesos de conxelación e liñas para novos elaborados de peixe da planta lucense, así como aposta pola investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) da empresa para elevar o valor engadido dos seus produtos e por conquistar novos mercados e diversificar a súa produción. Esta visita forma parte dos contactos continuos que mantén o conselleiro co sector para coñecer a súa situación e as súas demandas.
Entre os problemas que lle trasladaron están as dificultades polas que pasan para conseguir liquidez, que Alfonso Villares considera que se deberían facilitar desde o Goberno central, ademais de insistir na necesidade de creación dun Perte que axude ás empresas da transformación de produtos do mar a saír reforzadas da crise que comezou coa pandemia e agora se acentuou por causa das tensións xeopolíticas internacionais e as guerras, primeiro coa invasión rusa de Ucraína que se ve agora acrecentada pola inestabilidade provocada polo conflito en Gaza. Un impacto que agravou a caída do consumo de peixe, propiciada polo agravio comparativo fronte a outros alimentos pola negativa incomprensible do Goberno central a baixar o IVE.
Outra das problemáticas trasladadas durante a visita é a das dificultades de acceder á materia prima, especialmente para frotas con porto base na Mariña, pois ao golpe que supuxo o veto á pesca de fondo nas 87 áreas do Atlántico nororiental súmase agora o recorte dun 12,5% das capturas de pescada no Gran Sol, o que volverá a afectar especialmente aos palangreiros de Burela e Celeiro. Outro factor negativo é que se manteñan as restricións é recortes á pesca do xurelo en augas comunitarias.
Produtividade e calidade
Pescados Rubén, que conta con máis de medio século de experiencia na transformación dos produtos do mar, posúe en Foz unha factoría de frío cun túnel de conxelación e unha sala de elaborados. O cadro de persoal da empresa está formado por preto dun cento de persoas que, en momentos puntuais de produción, pode chegar a puntas de 180.
A súa capacidade de produción nas súas liñas superan as 350.000 toneladas diarias: na de conxelación en salmoira é de 250.000 quilos ao día, e a do túnel de conxelación por aire forzado supera os 100.000 quilos de produto ao día, peixe fresco que é conxelado usando a mais moderna tecnoloxía. Conta ademais con catro cámaras frigoríficas de 11.000 m3 e un peirao de carga cuberto con capacidade para varios camións.
Na oferta de peixes conxelados que ofrece destacar produtos estrela tamén dos portos da Mariña, como é o bonito, ademais da pescada e de especies peláxicas como o xurelo, a xarda e a sardiña. En canto á facturación, entre o 70 e 75% provén do peixe fresco que na súa meirande parte vai para os supermercados de cadeas da distribución, mentres que o produto conxelado se destina principalmente á exportación.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



