Nota de prensa:
A Deputación respalda os veciños de Viveiro e insta á Xunta a aceptar as alegacións da variante O Barqueiro-San Cibrao
– En contra do previsto e malia o apoio anunciado, o Deputado do PP neste municipio non acudiu á sesión plenaria, o que causou a sorpresa do equipo de goberno e denota a división deste partido
– O informe de Vías e Obras avala as alegacións presentadas e considera que a Xunta debería comparar vantaxas e inconvintes respecto do anterior proxecto, consensuado en 2006 e aceptado polo Concello e os veciños
– Malia que o Executivo Galego anunciara o remate das obras en 2007, Feijóo retrásaas ata 2017 e, senón acepta as alegacións, partirá a Mariña en dous
O Pleno da Deputación aprobou, cos votos en contra do PP, a proposta do equipo de goberno na que se insta á Xunta de Galicia a aceptar as alegacións presentadas polos veciños de Magazos contra o cambio de trazado dun treito da variante da Vía de Alta Capacidade O Barqueiro-San Cibrao, que discorre pola localidade de Viveiro, así como o informe do servizo provincial de Vías e Obras que respalda ditas alegacións. En contra do previsto e malia ó anuncio de que ía votar a favor da proposta do equipo de goberno, o Deputado e voceiro do Partido Popular no municipio viveirense, Guillermo Leal, non acudiu á sesión plenaria, o que causou sorpresa entre os integrantes do Pleno e denota unha división clara entre os membros desta formación política tanto a nivel local como provincial.
O Deputado de Persoal e Alcalde de Viveiro subliñou que “a modificación supón un ataque contra o desenvolvemento urbanístico, patrimonial e medioambiental do Concello; unha proposta que foi rexeitada por todos os grupos políticos no Pleno municipal, é dicir, PP, PSOE e BNG”.
O informe da Deputación, que avala as alegacións presentadas nos seu día polos veciños e que foron aprobadas polo Concello de Viveiro, conclúe que a modificación constitúe unha modificación substancial do estudo informativo aprobado, quedando documentalmente reducido a un “mero proxecto” de trazado que se veu xerando a través de documentos técnicos que non foron recoñecidos polo Concello de Viveiro.
Asimesmo, recolle que a modificación debería ter en conta os aspectos que se analizaron no anterior estudo informativo, consensuado en 2006 e aceptado por todos os viveirenses. En definitiva, considera que se deberían comparar vantaxas e inconvintes relacionadas coa articulación territorial, xeotecnia, custe económico e funcionalidade, entre a opción antes aprobada e a alternativa proposta. A este respecto, o Deputado provincial lembrou que “en 2004 a Xunta de Galicia publicara a execución de todo o corredor, excepto o treito de Viveiro. Mentras, o bipartito deixou aprobado o trazado”.
Unha obra que debería estar rematada en 2007
O Concello de Viveiro rexeitou no Pleno do 9 de setembro o cambio de trazado, opoñéndose a que a Xunta modifique os oito quilómetros desta vía da que o goberno do PP anunciara que tiña que estar construída en 2007. Agora, o goberno de Feijóo retrásaa ata 2017 cando estaba prevista para o 2013, e cando o Partido Popular na oposición esixía o seu remate no 2011. Esta obra é vital xa que se o Goberno Central remata a Transcantábrica en 2012 a Mariña quedaría partida en dous.
“Coa modificación, o Concello quedaría en dous, xa que atravesa vivendas unifamiliares e parte a parroquia. Estamos en contra da modificación porque vai da nada á nada”.
En oposición á decisión do goberno autonómico, os veciños recolleron 3.000 sinaturas, ademais das 72 alegacións individuais dos afectados directos, xa que a Xunta, coa disculpa do enlace, cambia o trazado que pasa de ir polo monte a partir núcleos poboacionais e afectar a casas. Neste senso, Roel apuntou que “os veciños de Magazos e o Concello non imos permitir que con estas acucias se disfrace un tema que estaba solucionado”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.