Ribadeo, 8 de xaneiro de 2024. Ribadeo limpa esta mañá de pellets as praias de Castros e Illas.
O alcalde, Dani Vega, comentou que “estamos actuando en colaboración coa Xunta de Galicia. Empezabamos onte co primeiro contacto e decidimos actuar. O primeiro que fixemos foi un análise da situación, acudindo á praia a Policía Local e Protección Civil, para facer un informe sobre o acontecido. É verdade que nos transmitiron que a presenza era ridícula, non había un problema, pero de igual modo trasladamos as fotografías realizadas á Consellería”.
O rexedor indicou que “as dúas administracións decidimos, que aínda que a presenza de pellets fora pouca, era bo limpar e eliminar. Hoxe ás oito da mañá actuamos cos traballadores públicos, con palas, con cribos, con rastrillos e con luvas e elimináronse todos eses pellets que apareceron en dous areais: en Castros e en Illas”.
Vega subliñou: “nosoutros quixemos actuar, creo que somos o único Concello que está a actuar con persoal propio limpando as praias dunha presenza que é ridícula, pero desde logo nosoutros consideramos que é mellor retirar eses pellets, en lugar de que estean por aí. Nos actuaremos sempre nesa colaboración institucional, coa Xunta de Galicia neste caso, con todas as administracións para que ese traballo sexa coordinado e dea resultados”.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



