O voceiro popular reitera que “o interese do PP de Trabada é traballar polo concellos e os nosos veciños” e, dende o respecto polos trabadenses e a lealdade aos nosos veciños, seguiremos traballando”
Trabada, 9 de xaneiro de 2024. Os populares cren que “as actitudes ditatoriais da alcaldesa de Trabada e o seu carácter xogáronlle unha mala pasada incluso dentro do seu partido. O PSOE relega a Mayra García ao número 3 da lista ás autonómicas pola provincia, despois de varios días nos que os medios a situaban no número 2, que finalmente ocupará a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez”. É dicir, “colocan por diante a unha rexedora cun 34,8% menos de apoio que a trabadense. Queda claro que Méndez ten moito máis peso dentro do seu partido”, segundo valora o portavoz popular, José María Fernández.
“Aínda así Mayra García prefire marchar de Trabada”, engade. O PP de Trabada xa leva tempo advertindo que “a rexedora socialista aguantaría mentres non tivese a posibilidade de marchar para outro sitio no que estivese máis cómoda” porque, “como todos sabemos, non lle gusta Trabada nin nunca lle interesou. Xa o deixou claro cando se asegurou unha praza no Concello da Coruña. E agora tratará de converterse en deputada autonómica, se os lucenses lle dan o seu apoio”.
Fernández lembra que “xa na pasada campaña electoral diciamos que os plans de Mayra García estaban lonxe de Trabada. Daquela os socialistas negábano con intensidade, pero agora vemos que cambian de opinión, que é algo que está de moda dentro do PSOE”.
O voceiro popular reitera que “o interese do PP de Trabada é traballar polo concellos e os nosos veciños” e, dende o respecto polos trabadenses e a lealdade aos nosos veciños, seguiremos traballando”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



