A institución provincial destina un total de 91.000€ a esta iniciativa que organiza da man dos concellos e que consiste nunha serie de 125 xornadas temáticas gratuítas por toda a provincia, e que teñen que ver coa saúde, co deporte ou coas novas tecnoloxías
Lugo, 19 de xaneiro de 2024. A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s, de actividades gratuítas, de lecer e formativas para contribuír ao envellecemento activo no rural, “para enriquecer a oferta de ocio e cultural dos pequenos concellos e, polo tanto, para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, un factor determinante para fixar poboación no territorio”.
A Voceira socialista, Pilar García Porto, anunciou que esta iniciativa, á que a Deputación destina un total de 91.000€ e que está organizada da man dos concellos, consiste nunha serie de 125 xornadas temáticas gratuítas, que se celebrarán ata a primavera por toda a provincia, e que teñen que ver coa saúde, co deporte ou coas novas tecnoloxías. Explicou García Porto que o xoves pola tarde tivo lugar a primeira destas actividades do programa Xunt@s, en Pedrafita do Cebreiro, e para este mes están previstas outras 13 xornadas, nos concellos de Trabada, Antas de Ulla, Taboada, Navia de Suarna, A Pontenova, A Fonsagrada e Guitiriz.
“Este tipo de actividades fomentan a interacción da xente e contribúen a fortalecer os lazos da comunidade”, valorou a Deputada, para quen “a propia temática das xornadas favorecerá os hábitos de vida saudable, a práctica de actividade física, educar en prevención ou romper a brecha dixital integrando as novas tecnoloxías na vida diaria da xente”.
Lembrou que desde punto de vista do Goberno provincial e do seu Presidente, José Tomé Roca, “o rural de Lugo non é un territorio baleiro, porque está cheo de ideas, de emprendemento e de ganas de facer cousas”. “O que necesita o rural é que as administracións apostemos por dotalo de servizos públicos para que a xente se poida quedar nel. Iso é polo que estamos traballando cada día dende a Deputación de Lugo, tamén con este programa Xunt@s que agora poñemos en marcha”, subliñou.
Cisterna de xurro e EIEL
Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou sacar a licitación, por un importe de preto de 110.000€, o contrato para o subministro dunha cisterna de xurro, con capacidade de 14.000 litros e sistema de localización de produto, que servirá para o mellor funcionamento da Granxa Gayoso Castro da institución.
Tamén quedou aprobada a adxudicación á Universidade de Santiago de Compostela (USC) os traballos de elaboración da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL) da provincia, por un importe de 90.000€. Esta enquisa que a Deputación realiza de Xeito anual é o instrumento básico de valoración das necesidades dos concellos a efectos de cooperación económica local do Estado, polo tanto, “un estudo fundamental para a viabilidade económica das facendas locais”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



