Alfonso Villares defende que é fundamental promover o consumo de peixes e mariscos de Galicia e insta ao Goberno central a rebaixar dunha vez o IVE dos mellores e máis sans alimentos que se poden levar hoxe á mesa en toda Europa
Viveiro, 24 de xaneiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou esta mañá nunha reunión de traballo entre representantes das confrarías das zonas VIII (Cedeira) e IX (A Mariña) con técnicos da delegación territorial do departamento da Xunta en Celeiro e investigadores do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, dependente do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). Con este encontro preténdese avanzar no desenvolvemento en conxunto dunha nova acción de investigación que pretende aumentar a produción de exemplares de ourizo de mar na costa lucense e introducir nas confrarías de pescadores as técnicas de sementeira e de seguimento deste recurso ata que alcancen o seu tamaño comercial.
Alfonso Villares destacou a importancia de estreitar a colaboración entre o sector e organismos científicos co fin de contribuír á mellora da situación dos recursos e á súa xestión. Na reunión participou a delegada territorial de Mar en Celeiro, Mariña Gueimunde, e por videoconferencia o director do CIMA, Carlos Gabín. No caso do ourizo preténdese coordinar as actividades de introdución de alevíns en zonas da costa de Lugo coas confrarías e asociacións do sector pesqueiro e facer un seguimento dos mesmos en cada banco, avaliando os resultados das diferentes introducións na mellora das poboacións.
Agárdase tamén propiciar un incremento dos exemplares adultos que eleve a intensidade reprodutiva e que dea pé a incorporar mellores recrutamentos no medio mariño. Con esta acción de investigación, preténdese conseguir que este recurso quede protexido e garantir a súa dispoñibilidade ás organizacións e entidades pesqueiras participantes no proxecto.
O titular de Mar constatou que para as confrarías e asociacións pesqueiras da Mariña lucense o ourizo é un dos principais recursos e fonte de riqueza, polo que debe mellorar as súas posibilidade de aprovisionamento de xuvenís desta especie, contando para iso co CIMA de Ribadeo, cuxas instalacións permiten realizar todo o proceso necesario para garantilo. Xa teñen experiencia en proxectos de introdución alevíns en bancos naturais en colaboración coas confrarías de pescadores desta zona como as de Ribadeo, San Cosme, Burela, San Cibrao, Celeiro, O Vicedo e Espasante, ademais de Fisterra.
De feito, o próximo día 30 de xaneiro está previsto que o CIMA entregue no banco da enseada de Loureiro, na parroquia de Piñeira en Ribadeo, dunha partida de 4.000 unidades de xuvenís de ourizo de mar ao colectivo de mariscadores e mariscadoras da confraría. A iniciativa forma parte da acción de investigación ‘Mellora da produción de xuvenís de ourizo de mar en catividade’, código de proxecto CIMA 21/03 (Xumarou), que busca optimizar o período de preengorda de xuvenís con diferentes sistemas para acurtar o tempo que se precisa para o seu traslado ao medio natural. A actuación, que remata este 2024, conta cun orzamento que supera os 125.321 euros distribuído en catro anualidades e que financia na súa totalidade a Consellería do Mar.
En Galicia o ourizo é un importante recurso que se comercializa en preto dunha trintena de lonxas de toda a comunidade, de Ribadeo ata a Guarda. Segundo os datos preliminares de primeira venda en lonxa, no ano 2023 vendéronse preto de 631.220 quilos por un importe superior aos 7,6 millóns de euros.
Elevar o consumo de peixes e mariscos
Antes de participar no encontro en Celeiro o conselleiro do Mar achegouse a Xove, onde visitou a peixería Barreira, que leva máis de 35 anos ofrecendo peixes e mariscos aos consumidores desta localidade da Mariña. Alfonso Villares defendeu como fundamental continuar coa promoción dos produtos do mar de Galicia desde os puntos de venda, a onde chegan alimentos da máxima calidade capturados ou cultivados polos profesionais do sector marítimo-pesqueiro que viven dunha actividade que é esencial e estratéxica.
Desde que saen do océano ata que chegan finalmente ao prato hai 50.000 familias que viven do seu labor da cadea mar-industria, incluídos os que traballan na súa distribución desde as peixerías, que merecen o máximo apoio e que se responda a demandas que levan reclamando desde hai máis de dous anos e ás que se nega o Goberno central, como é a rebaixa do IVE sobre peixes, mariscos e conservas. Un veto que o titular de Mar non entende que se manteña e que prexudica aos mellores e máis sans alimentos que se poden levar á mesa hoxe en toda Europa, concluíu Alfonso Villares.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



