Xove 26 de xaneiro, 2024. O Salón de Actos do Centro Cívico de Xove acollerá o mércores, 31 de xaneiro, ás 20:00 a presentación do libro “Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición galega” de Ramón Mariño Fernández e editado por Laiovento. Trátase da presentación do primeiro libro integramente en galego sobre as publicacións autoeditadas en Galicia durante os últimos corenta anos. Neste traballo recóllense propostas de toda a xeografía galega aínda que con maior interese naquelas que proceden de ámbitos menos urbanos.
Os fanzines foron publicacións que autoeditaban persoas con inquietudes culturais, sociais e políticas. A súa aparición supuxo un pulo para os diferentes movementos xuvenís que se estaban dando a coñecer en Galicia durante os 80, 90 e comezos do século XXI. Grupos de música hardcore, punk, mesmo experimental e electrónica, así como os primeiros colectivos gráficos que máis tarde desembocarían dentro da creación do cómic tanto galego como español.
O autor, Ramón Mariño Fernández, naceu en Xove e estudou a carreira de Xornalismo na USC e tamén fixo o Doutorado en Ciencias Políticas na mesma universidade. A tese doutoral, dirixida polos profesores Luis Álvarez Pousa e Xosé Luis Barreiros Rivas, foi o pé para dar paso ao libro que se presenta o día 31 de xaneiro en Xove e que pretende así render unha homenaxe á veciñanza do lugar de nacemento do autor. “Dalgunha maneira debo devolver os apoios, o cariño e a forza que me deron veciños e veciñas, amigos e amigas para continuar para adiante con este traballo feito realidade”, declara o autor.
Na presentación participarán tamén Mario Eijo Barro, técnico de Cultura do Concello de Xove e tamén autor do libro Cineclubismo e cine non comercial en Santiago nos anos 60 e 70 e o profesor e dinamizador cultural Bernardo Penabade, docente no Instituto Monte Perdouro de Burela. Os tres falarán sobre a autoedición e as posibilidades que ofrece aínda no día de hoxe.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



