O conselleiro critica que non se materialicen as promesas por parte do Goberno central e sinala que o sector leva dous anos agardando a que se active despois da súa exclusión do Perte Agroalimentario
Cervo, 30 de xaneiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reclamou celeridade ao ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, na posta en marcha do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) para a cadea mar-industria comprometido e polo que leva agardando o sector preto de dous anos despois da súa exclusión do Perte Agroalimentario. O titular de Mar realizou estas declaracións, acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, durante a visita ás instalacións da empresa conserveira e de conxelado Frigomar Burela S.A. na que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man e da man dos seus os procesos de elaboración, transformación e conxelado de produtos pesqueiros que realiza esta empresa da man das últimas tecnoloxías.
O conselleiro subliñou a importancia do Perte que resulta fundamental para que as entidades empresariais como a lucense podan acceder a fondos europeos que resultan estratéxicos para a realización de importantes investimentos que fagan posible que as empresas podan continuar afondando na súa transformación mellorando os seus procesos produtivos e competitividade. Nesta liña amosou a súa preocupación pola falta de novidades e concreción por parte do propio ministro Planas na súa última comparecencia na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Congreso dos Deputados.
Alfonso Villares criticou o que considera un incumprimento máis do Goberno central coa industria pesqueira galega ao que suma o feito de que aínda non se coñeza a resposta do Executivo á petición de zona catastrófica para os bancos marisqueiros afectados polas intensas precipitación do outono que provocou unha alta mortaldade nas poboacións de bivalvos. Unha parálise que está a xerar aínda máis incertezas nun contexto económico especialmente complexo pola elevada inflación, os efectos da invasión rusa de Ucraína ou a alza dos custes financeiros. Nese sentido destacou que de este sector depende 50.000 empregos e que está vinculado o 91% das actividades económicas da comunidade alcanzando o 5% do PIB de Galicia.
Experiencia e calidade
O titular de Mar destacou os máis de corenta anos de traxectoria de Frigomar ofrecendo o mellor peixe e marisco galego aos seus clientes cunha aposta decidida pola innovación tecnolóxica, profesionais con experiencia e unha loxística eficiente que lles permite levar os seus produtos ao consumidor en 24 horas a través da súa peixería en liña. Un alimento, resaltou o conselleiro, cuxo consumo aporta múltiples beneficios para saúde e as súas propiedades nutritivas xa que é rico en proteínas, vitaminas, minerais e ácidos graxos Omega-3 polo que o seu consumo permite reducir enfermidades cardiovasculares e reducir a inflamación corporal entre outros.
Peixerías de proximidade
Alfonso Villares tamén visitou no concello de Burela a peixería Pastoriza onde resaltou o papel esencial que xogan as peixerías de proximidade e os seus profesionais na promoción da calidade e sabor dos produtos do mar de Galicia. Subliñou que son fundamentais, polo seu contacto directo e relación de confianza co cliente final, á hora de explicar e promover as propiedades culinarias e en dar a coñecer a gran variedade de especies de peixe e mariscos galegos así como os beneficios para a saúde que hai detrás do seu consumo.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



