José Tomé foi nomeado vogal do órgano de xestión deste organismo na Asamblea Xeral que se celebrou hoxe na cidade portuguesa de Vila Nova de Famalicão e na que resultou elixido presidente, Luís Nobre, de Viana do Castelo
Lugo, 1 de febreiro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, reivindicará as necesidades da provincia de Lugo desde a Executiva do Eixo Atlántico. O seu nomeamento como vogal do novo órgano de xestión deste organismo produciuse na Asamblea Xeral que se celebrou este xoves na cidade portuguesa de Vila Nova de Famalicão e na que resultou elixido como presidente Luís Nobre, dirixente da localidade de Viana do Castelo. A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, asumirá a Vicepresidencia da Mesa da Asamblea Xeral.
Á reunión asistiron alcaldes e concelleiros das 42 entidades galegas e portuguesas que conforman desde hoxe este organismo, tras a incorporación do municipio de Fafe (Braga), co obxectivo de facer balance dos últimos dous anos, nomear unha nova xerencia e aprobar o programa para a anualidade 2024, que contará cun orzamento de 4,8M€ e terá por obxectivo mellorar a competitividade para o desenvolvemento económico.
Logo da reunión, que tivo lugar no Centro de Estudos Camilianos, José Tomé Roca valorou o traballo do Eixo dos últimos anos, coa xerencia presidida pola exalcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e avanzou que seguirá defendendo e reivindicando os intereses e necesidades da provincia no seo da entidade transfronteiriza. “Foron dous anos nos que a sustentabilidade e as políticas sociais marcaron a acción deste organismo”, sinalou, e como Vicepresidente da Comisión Política de Innovación Social saínte, Tomé Roca destacou o obxectivo acadado de elaborar un Mapa de Cohesión Social, o punto de partida para deseñar o futuro dos territorios do Eixo en clave de desenvolvemento e universalidade no acceso aos servizos públicos.
O Presidente da Deputación fixo estas declaracións tras a asemblea na que se presentou o informe de xestión política dos últimos catro anos, nos que Lara Méndez compartiu presidencia con Ricardo Rio, Alcalde de Braga. Tal e como valorou o propio Rio sobre este documento, “recolle o período máis difícil da historia do Eixo Atlántico, nun momento no que as cidades estaban aínda recuperándose da crise económica do 2008, irrompeu a pandemia, a crise derivada e posteriormente as guerras de Ucraína e Gaza”.
Cumpríronse todos os obxectivos do programa 2023, a pesar do cambio no marco político no que se moven as actuacións do Eixo pola dimisión de Antonio Costa en Portugal e o dobre proceso electoral que viviu España en poucos meses.
O Eixo impulsou o segundo informe socioeconómico da entidade, así como unha axenda de medidas para frear o despoboamento no interior da Eurorrexión. Ademais, o proxecto de Fronteira da Paz entre Brasil e Uruguay e o comezo das relacións institucionais coa Oficina do Historiador da Habana e as cidades de Avellaneda, en Arxentina, e Riveira, en Uruguay, iniciou o camiño transatlántico do Eixo.
No que ten que ver coas infraestruturas, continuou a presión a ambos gobernos pola liña Ferrol- A Coruña- Lisboa, onde se avanzou na licitación do estudo informativo previo do primeiro tramo da saída Sur de Vigo que realizou o Goberno de España e que levaba máis dunha década paralizado. Ademais, na actualidade estase traballando na xestión da liña norte Ferrol-A Coruña e Lugo-Monforte, así como a súa inclusión no Corredor Europeo do Atlántico.
Finalmente, no ámbito da cultura, educación e turismo continuaron impulsándose actuacións como a Feira Expocidades en Valongo ou os intercambios escolares. Ademais, Lugo acolleu máis de 40 actividades de diferentes disciplinas artísticas no 2023 como Capital da Cultura do Eixo.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



