“Os lucenses temos memoria. Non nos insulte. O Goberno de Mariano Rajoy e Ana Pastor paralizou todos os investimentos do AVE e rompeu o contrato da estación intermodal de Lugo, polo que houbo que indemnizar á empresa, como certificou o Tribunal de Contas”
Lugo, 8 de febreiro de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia e Presidente da Deputación de Lugo asegurou este xoves que a Rueda “debería darlle vergonza falar do tren en Lugo” porque, “se alguén non fixo absolutamente nada e mesmo retrasou os proxectos, eses foron Mariano Rajoy, Ana Pastor, Alberto Núñez Feijóo e o propio Alfonso Rueda”.
“Os lucenses temos memoria. Non nos insulte”, subliñou José Tomé, quen lembrou que o Goberno central do PP, presidido por Mariano Rajoy e con Ana Pastor como Ministra de Fomento, “paralizou todos os investimentos do AVE e rompeu o contrato da estación intermodal de Lugo, polo que houbo que indemnizar á empresa”. Así o certificou o Tribunal de Cuentas do Estado, “nomeado baixo a presidencia de Rajoy, polo tanto, nada sospeitoso de ser crítico co PP”.
Ademais, recalcou, Feijóo “tivo a desfachatez de prometer hai 15 anos, na campaña electoral das autonómicas de 2009, non só unha conexión de Lugo por alta velocidade, senón facelo cos fondos da Xunta. Coma sempre, incumpriu”.
“Feijóo e Rueda non fixeron nada polo tren, pero tampouco fixeron nada nos ámbitos de competencia da Xunta. Destruíron a sanidade pública, que nunca estivo peor, a base de recortes e precarización para favorecer á privada, nin unha soa residencia de maiores, peor dependencia, menos emprego, menos industria e máis débeda pública”. “Este é o único legado do PP na nosa provincia e en Galicia. Por iso Rueda se sigue escondendo e non quere ir aos debates, porque non ten ningún balance positivo do pasado, nin ningún proxecto para o futuro”.
Fronte a esa “ausencia e incompetencia” de Rueda, os socialistas “temos un candidato á Xunta con experiencia de xestión, cun proxecto de futuro ambicioso, cun gran equipo, e aliñado nos obxectivos co Goberno de España”, polo que tamén é “a mellor garantía” de que a conexión da Alta Velocidade se complete.
Neste sentido, o Secretario Xeral do PSdeG na provincia incidiu en que “fixemos máis os socialistas con Pedro Sánchez polo tren da nosa provincia ca nunca antes, cun investimento histórico en marcha de 546M para a mellora e electrificación da vía Lugo-Monforte-Ourense e de máis de 22M€ para a intermodal lucense”.
“Co PSOE, o AVE chegou a Galicia e Alta Velocidade chegará a Lugo. Co PP nunca chegou”, subliñou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia. “Rueda pide un tren decente. Decencia é a que lle falta ao PP cando vén a Lugo falar do tren”, recalcou José Tomé.






















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



