O titular de Mar puxo en valor ante alumnos de Hostalería da Mariña a calidade e variedade das preto de 300 especies que comercializan as lonxas galegas e destacou a importancia de que formen parte dunha dieta equilibrada e saudable
Foz, 9 de febreiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mostrou o seu convencemento de que os chefs do futuro que se están a formar na actualidade en Galicia serán no futuro próximo uns dos mellores prescriptores e óptimos embaixadores dos produtos do mar galegos. Así o dixo durante a súa visita este venres ao centro de Hostalería do IES de Foz, onde animou aos alumnos a incluír nas súas receitas os peixes, mariscos e conservas producidos na comunidade autónoma para contribuír a incrementar o recoñecemento da súa calidade e a incrementar o seu consumo.
O titular de Mar sinalou durante o seu percorrido polas instalacións da Mariña que é moita e moi variada a oferta que lles chegará a estes profesionais da cociña desde as máis de 60 lonxas galegas, con máis de 300 especies comercializadas, alimentos que deben ser indispensables dentro dunha dieta equilibrada e saudable.
Alfonso Villares puxo como exemplo da boa colaboración entre o sector da hostalería, a propia consellería e o sector produtor marítimo-pesqueiro os foros de GALICIA SABE AMAR celebrados durante a segunda metade do ano 2023 nas catro provincias galegas sobre #aCociñaDoMar, nos que se contou coas creacións de 37 profesionais galegos da cociña de alto nivel, algúns deles con prestixiosos recoñecementos como a Estrela Michelín, das que Galicia suma xa 19. Ninguén mellor que eles para promover cos seus pratos un mellor e maior consumo de peixes, mariscos e conservas.
O conselleiro enfatizou a importancia de poñer en valor a excelencia dos produtos pesqueiros e a oferta gastronómica e hostaleira galega, así como de apostar polo consumo dos produtos locais e de aproveitar todas as posibilidades que ofrecen
Antes de achegarse ao IES de Foz para coñecer aos futuros mestres da gastronomía feita en Galicia e con produto galego, o conselleiro do Mar visitou co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, o Mercado Praza de Abastos deste concello, onde se achegou ás peixerías para dialogar cos seus responsables e vendedores, aos que quixo facer partícipes da campaña coa que a Xunta pretende, por un lado, dignificar aos 50.000 profesionais do conxunto da cadea mar-industria, e por outro, poñer en valor a calidade e defender aos mellores alimentos do mundo, os que se pescan, recolectan e transforman con selo galego.
O conselleiro entregou os carteis onde se aposta por AMAR GALICIA e se lanzan claros mensaxes sobre a confianza na calidade dos produtos do mar, sobre a variedade e o sabor que se ofrece en peixerías e mercados e sobre o fundamental apoio que supón adquirir a produción dos milleiros de familias que viven do mar e as súas industrias na comunidade.
Menos impostos, máis economía e consumo
Alfonso Villares sinalou que este tipo de accións son fundamentais á hora de difundir as bondades desta dieta, que van moito máis alá dos beneficios para a saúde: aportan tamén riqueza e emprego. Por iso reiterou, e prometeu que non o deixará de facer ata que o Goberno central entre en razón, a necesidade de que desde o Estado se continúe a pechar a porta a rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros, un veto e maltrato ao sector marítimo-pesqueiro sen sentido ningún que dura xa máis de dous anos.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



